Gideon Ngatuny
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1986 (38 anos) Kenya |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Deporte | atletismo |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Gideon Lekumok Ngatuny, nado o 10 de outubro de 1986 en Kilgoris, é un atleta kenyano especializado en cross.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que é un masai nado en Kilgoris, adestra a canda outros dos seus compatriotas en Kisii.
Os seus mellores postos conseguidos nos mundiais de cross foron a cuarta praza de 2007 e a sétima de Edimburgo 2008. Porén, nas dúas ocasións obtivo a medalla de ouro por equipos representando á selección kenyana.