Saltar ao contido

Gianni Vattimo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGianni Vattimo

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Gianteresio Vattimo Editar o valor en Wikidata
4 de xaneiro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Turín, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte19 de setembro de 2023 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Turín, Italia Editar o valor en Wikidata
Eurodeputado
Representa: Itália de Valores (pt) Traducir

14 de xullo de 2009 – 30 de xuño de 2014

Circunscrición electoral: Italia

Eurodeputado
Representa: Itália de Valores (pt) Traducir

20 de xullo de 1999 – 19 de xullo de 2004

Circunscrición electoral: Italia

Datos persoais
EducaciónUniversidade de Turín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e política Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Turín
Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, político, profesor universitario, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Turín Editar o valor en Wikidata
Partido políticoItália de Valores (pt) Traducir
Partido Comunista (Itália) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresLuigi Pareyson e Hans-Georg Gadamer Editar o valor en Wikidata
AlumnosDario Buzzolan (pt) Traducir, Edoardo Camurri (pt) Traducir e Franca D'Agostini (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Participou en
13 de novembro de 2019Petición pública en favor dunha negociación política sobre Cataluña Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webgiannivattimo.blogspot.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1722313 Dialnet: 53864

Gianni Vattimo, nado en Turín o 4 de xaneiro de 1936 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 2023, foi un filósofo italiano e activista político, identificado coa hermenéutica, a posmodernidade e outros sincretismos. É unha figura significativa do denominado pensamento feble.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Turín e na de Heiderberg. Exerceu a docencia en Turín, Os Ánxeles e Nova York. Foi Catedrático de Filosofía Teorética.

Participou en política a través do Partido Radical e logo na converxencia de forzas políticas denominada a Oliveira. Foi deputado no Parlamento Europeo en Demócratas de Esquerda. Foi membro da dirección nacional de Coordinamento Omosessuale.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

Vattimo entendía que os grandes relatos omnicomprensivos están en crise. O seu lugar ocúpano os medios de comunicación, coa súa información superficial e múltiple e a complexidade das linguaxes técnicas. A única filosofía da historia posible arestora é a que narra a súa fin. Xa non existen nin fíos condutores nin posibilidade dunha visión totalizadora. A única visión posible é a que asuma o esnaquizamento da vida, que xa non reside no todo senón na fragmentación. Isto é a consecuencia do que Nietzsche denominou "a morte de Deus", que implica tamén o final da metafísica. Lonxe do catastrofismo de Lyotard, entende que a sociedade está a entrar na fase do posthistórico, onde se poden abrir novas oportunidades e posibilidades. Así, se se nega unha racionalidade central tamén desaparecen as coartadas para silenciar ou esmagar os discursos das minorías, sexan estas étnicas, relixiosas ou sexuais.

  • Il pensiero debole, Milán, 1983
  • La società transparente, Milán 1989
  • La fine della modernità, Turín. Milán, 1985
  • Filosofia al presente, Milán, 1990
  • Oltre l'interpretazione, Milán 1994
  • Credere di credere, Milán 1996
  • Vocazione e responsabilità del filosofo, Milán, 1996
  • Ecce comu. Come si ri-diventa ciò che si era, Roma, 2007