GeoNames
GeoNames | |
---|---|
Tipo | geographical names database, sistema de organización do coñecemento e repositório de dados |
Data de fundación | 2005 |
Fundador(es) | Marc Wick |
País | Suíza |
Na rede | |
http://www.geonames.org/ e https://www.geonames.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
GeoNames é unha base de datos xeográfica libre e accesible a través de Internet baixo unha licenza Creative Commons Atribución 3.0.
Base de datos e servizos de Internet
[editar | editar a fonte]A base de datos contén máis de 8 millóns de nomes xeográficos correspondente a máis de 6,5 millóns de sitios existentes.[1] Estes nomes están organizados en 9 categorías e 645 sub-categorías. Datos tales como a latitude, a lonxitude, a altitude, a poboación, o sub-división administrativa, e os códigos postais están dispoñibles en varias linguas e para cada localización.
As coordenadas xeográficas están baseadas no sistema de coordenadas WGS 84 (Sistema Xeodésico Mundial 1984).
A información é de acceso libre e de balde a través dunha interface de Internet.[2] É posible atopar lugares con base nun código postal, ou preto dun determinado lugar e atopar ligazóns para a sección do artigo da Wikipedia.
A interface é de tipo Wiki e os usuarios poden engadir datos, mellorar ou corrixir os datos.
Web de Integración Semántica
[editar | editar a fonte]Cada recurso en GeoNames é representado como un lugar de recursos identificado por un identificador URI estable. Este id de URI ofrece acceso, a través da transferencia de información a unha páxina Wiki en HTML ou unha descrición dos recursos en RDF utilizando o dialecto GeoNames.
Este dialecto describe as propiedades dos caracteres GeoNames usando a OWL. As clases e códigos son tamén descritos na lingua SKOS. A través da URL dos artigos na Wikipedia ligados na descrición RDF, os datos GeoNames ffan unha conexión ós datos DBpedia e outros RDF.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ GeoNames web oficial (en inglés)
- ↑ Interface GeoNames (en inglés)