Saltar ao contido

Porteiro, porteira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gardameta»)
Un porteiro de fútbol salta para deter un balón e evitar que entre na portería.
Porteiro de bandy.

Un porteiro[1] ou gardameta[2] é un xogador que defende a portería para evitar que o equipo contrario marque un gol. Existen porteiros en varios deportes, como o fútbol, o fútbol gaélico, o balonmán, o hóckey, o wáter-polo, lacrosse ou floorball. A nivel profesional, é un posto altamente especializado, polo cal os porteiros adoitan cubrir soamente esta posición, mentres que os xogadores doutras posicións non adoitan cubrir o posto de gardameta. Un cadro de xogadores dun equipo profesional acostuma contar con dous ou tres porteiros, aínda que só pode haber un deles no campo durante o desenvolvemento do xogo.

Aplícanse regras especiais para estes xogadores que non se aplican ó resto. Estas regras a miúdo instáuranse para protexer ó porteiro, sendo este un obxectivo obvio para accións perigosas e violentas. Ademais, nalgúns deportes como o hóckey, deben levar un equipamento especial como luvas e unha máscara para evitar que os disparos do obxecto en xogo lles causen lesións. Esta disposición a recibir ataques, fai que os porteiros teñan unha preparación psicolóxica distinta á do resto dos seus compañeiros, e ademais adoitan ser os encargados de coordinar o equipo mentres cumpre funcións defensivas. Polo xeral, estes xogadores están identificados polo dorsal número 1.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para porteiro.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gardameta.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]