Garbage
Garbage | |
---|---|
Garbage en Copenague no 2005 | |
Orixe | Madison, Wisconsin, Estados Unidos |
Período | 1994 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, post-grunge |
Selo(s) discográfico(s) | Universal Music Group/Almo Sounds, Warner Music |
Membros | Duke Erikson Shirley Manson Steve Marker Butch Vig |
Artistas relacionados | Angelfish, Fire Town, Goodbye Mr Mackenzie, Spooner |
Na rede | |
garbage.com | |
Garbage é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Madison, Wisconsin en 1994. Os seus membros son Duke Erikson (guitarra, teclados), Shirley Manson (voz), Steve Marker (guitarra, baixo) e Butch Vig (batería). Dende a súa fundación a banda leva vendidos uns 17 millóns de discos en todo o mundo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes da formación de Garbage, os catro integrantes da banda xa tiñan bastante experiencia na música. Butch Vig, o batería, foi o que tivo a maior notoriedade, como produtor dalgúns dos maiores clásicos da década dos 90 (Nevermind de Nirvana, Siamese Dream de The Smashing Pumpkins e Dirty de Sonic Youth, por citar tres deles). Steve Marker e Duke Erikson tamén eran produtores e a escocesa Shirley Manson era a vocalista da banda Angelfish.
A finais da década dos 80, os amigos Butch Vig e Duke Erikson, que vivían en Madison (Wisconsin), montaron un pequeno estudio onde producían a bandas de rock alternativo e hardcore. No tempo libre, entre as gravacións, traballaban nos seus propios temas na banda Spooner (Butch na batería e Duke na guitarra). Marker estudaba na Universidade de Wiscousin, onde coñeceu a Butch e converteuse en fan de Spooner. Máis tarde, el tamén se converteu en produtor musical.
Despois da separación de Spooner, Duke, Butch e Marker convertéronse en coñecidos produtores, principalmente Butch, un dos máis prestixiosos da década dos 90. En 1993, os tres atopáranse algunhas veces, traballando en remixes para U2, Nine Inch Nails e Depeche Mode. Xurdiu de aí a idea de gravar algunhas cancións propias, e entón eles pasaron a gravar algúns efectos e ideas para temas. Un amigo de Butch, ao escoitar as demos do proxecto, dixo que aquela música parecía lixo, e así xurdiu o nome da futura banda: Garbage.
Pero Garbage só tomaría forma despois da entrada de Shirley Manson en 1995.
Shirley Manson
[editar | editar a fonte]Shirley era filla dunha cantante e dende pequena xa amosaba talento. Con só 16 anos entrou na banda do seu namorado, que se chamaba Goodbye Mr. Mackenzie, tocando os teclados e facendo segundas voces. Dez anos despois, coa disolución de Goodbye Mr. Mackenzie (que nunca tivo moito éxito), Shirley converteuse na vocalista da banda Angelfish. Nesa época, os outros integrantes de Garbage xa estaban traballando no proxecto e estaban buscando unha vocalista. Eles coñeceron a Shirley polo videoclip da canción Suffocate Me de Angelfish durante o programa 120 Minutes da MTV estadounidense.
Butch Vig convidou a Shirley para un ensaio por teléfono. Ela non estaba segura pero cando Angelfish estaba de xira por Estados Unidos, Shirley pasou por Wisconsin e ensaiou con Garbage.
Así, despois de moitos ensaios e de moitas letras reescritas por Shirley, o repertorio do primeiro disco estaba listo, aínda que tardou en ser lanzado. Primeiro a banda lanzou algúns sinxelos en edicións limitadas. O primeiro deles foi Vow que viña nunha caixiña de metal.
A banda comezou a destacar nos medios. Inicialmente Butch Vig era quen gañaba máis atención (polo seu traballo como produtor), pero despois o carisma de Shirley Manson impúxose e ela converteuse na figura central da banda.
O primeiro disco
[editar | editar a fonte]O álbum de estrea, titulado Garbage foi finalmente lanzado a finais de 1995. O son da banda era unha mestura de rock e elementos de música electrónica. O disco foi aclamado pola crítica e os sinxelos Only Happy When It Rains e Stupid Girl foron conquistando ao público, chegando o disco a vender 3 millóns de copias. Despois dunha exitosa xira de dous anos, Garbage tomou un respiro, para despois iniciar as gravacións do seu segundo álbum.
Version 2.0
[editar | editar a fonte]O segundo álbum foi lanzado en 1998. Titulado Version 2.0, o disco ten os éxitos "Push It", "I Think I'm Paranoid" e "Special" e definitivamente fai de Garbage unha das principais bandas do momento.
En 1999, despois de participar na banda sonora da película 007 The World is Not Enough, Garbage planexaba lanzar un recompilatorio de caras-b e rarezas. Pero, unha vez no estudio, xurdiron novas ideas e a banda decidiu gravar o seu terceiro álbum.
BeautifulGarbage
[editar | editar a fonte]BeautifulGarbage foi lanzado en setembro de 2001, e o primeiro sinxelo lanzado para o novo disco foi "Androgyny".
BeautifulGarbage non tivo unha boa repercusión. As vendas foron baixas, sen ningún grande hit e os críticos dividíronse con respecto ao álbum. Esa situación levou á banda a unha crise, e o futuro de Garbage parecía incerto.
Bleed like me
[editar | editar a fonte]En 2004 a banda iniciou a gravación dun novo álbum, desa vez procurando unha sonoridade que imitase o son da banda en vivo. Pero o proceso foi problemático, Shirley vivía un momento persoal difícil ao estar pasando por un divorcio. A tensión entre os integrantes sobre a dirección do novo disco levou a Butch Vig a abandonar as gravacións e Garbage chegou a disolverse nese período. Porén a banda reuniuse novamente, retomando a gravación do novo álbum. Bleed Like Me foi lanzado en abril de 2005, sendo a primeira vez na que Garbage contou cun produtor no estudio, John King. O disco retomaba o vigor e o entusiasmo dos primeiros álbums da banda, cunha sonoridade máis roqueira, con guitarras en primeiro plano e a electrónica ocupando un papel secundario.
As vendas tamén subiron con respecto ao anterior álbum chegando a alcanzar a posición 4º de vendas no Reino Unido, Australia e nos Estados Unidos. O primeiro single "Why do you love me" tivo un éxito destacable.
A finais de 2005 xurdiron rumores sobre unha posible ruptura da banda. En setembro, desmentiuse esa ruptura na súa páxina oficial pero anunciouse que a banda entraba nun suspenso indefinido.
Absolute Garbage
[editar | editar a fonte]En 2007 lanzaron un recompilatorio coas cancións máis exitosas da súa carreira, e un novo tema chamado "Tell Me Where It Hurts" que foi o primeiro e único sinxelo do disco. O disco, chamado Absolute Garbage, foi publicado no mes de xullo.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Garbage | 1995 | Almo Sounds, Mushroom |
Version 2.0 | 1998 | Almo Sounds, Mushroom |
beautifulgarbage | 2001 | Mushroom, Interscope |
Bleed Like Me | 2005 | A&E, Geffen |
Not Your Kind of People | 2012 | STUNVOLUME |
Strange Little Birds | 2016 | STUNVOLUME |
No Gods No Masters | 2021 |
Recompilatorios
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Absolute Garbage | 2007 | Geffen |
The Absolute Collection | 2012 | Liberation Music |
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- 1995 "Vow" #138 RU, #97 EE. UU.
- 1995 "Subhuman" #50 RU (Este single non forma parte do ábum)
- 1995 "Only Happy When It Rains" #29 RU, #55 EE. UU.
- 1995 "Queer" #13 RU
- 1996 "Stupid Girl" #4 RU, #2 EE. UU.
- 1996 "Milk" (feat. Tricky) #10 RU
- 1998 "Push It" #9 RU, #52 EE. UU.
- 1998 "I Think I'm Paranoid" #9 RU
- 1998 "Special" #15 RU, #52 EE. UU.
- 1999 "When i grow up" #9 RU
- 1999 "The Trick is To Keep Breathing"
- 1999 "You Look So Fine" #19 RU
- 2001 "Androgyny" #24 RU
- 2002 "Cherry Lips" #22 RU
- 2002 "Breaking Up the Girl" #27 RU
- 2002 "Shut Your Mouth" #20 RU
- 2005 "Why Do You Love Me" #7 RU #94 EE. UU. #8 EE. UU.[Modern Rock]
- 2005 "Bleed Like Me (single)" # 27 EE. UU. [Modern Rock]
- 2005 "Sex Is Not The Enemy" #24 RU
- 2005 "Run Baby Run" #47 AU
- 2007 "Tell Me Where It Hurts"
Bandas sonoras:
- 1997 "#1 Crush" #29 EE. UU. #1 [Modern Rock](Banda sonora de "Romeo Julieta")
- 1999 "The World is Not Enough" #11 RU(Banda sonora de 007