Saltar ao contido

Ganges, Hérault

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
L'hôtel de ville (Casa do concello).

Ganges (en occitano Gange) é unha vila e comuna francesa situada no departamento de Hérault, na rexión de Occitania.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situado a unha altitude entre os 138 e os 540 msnm, o concello ocupa unha superficie de 7,16 km2.

No ano 2017 contaba cunha poboación de 4 024 habitantes (que medrou un 1,13 % con relación a do ano 2012). Polo tanto, no ano citado a súa densidade de poboación era de 562 hab./km2.

Está situada a 45 km ao norte de Montpellier (a capital do departamento), a 60 km ao noroeste de Nîmes, a 50 km ao suroeste de Alès, e a 108 km ao oeste de Avignon.

A vila de Ganges é moi antiga, xa que se menciona na época galo-romana co nome de Aganticum.

Un forno de cal nas aforas de Ganges cítase nun contrato de asociación para a súa explotación en 1575.[1]

Durante a Revolución Francesa, os cidadáns do pobo reuníronse nunha sociedade revolucionaria, denominada Société populaire républicaine, no ano II.[2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Exploitation d'un four à chaux (1575) Arquivado 14 de agosto de 2014 en Wayback Machine., Livre des sources médiévales. Archives Départementales de l'Hérault, série II E 35/33, minutes de Maître François Martial, folio 146 verso. Acta datada o 3 de maio de 1575.
  2. Jean-François Dubost (1989): "Le réseau des Sociétés Politiques dans le département de l'Hérault pendant la Révolution Française (1789-1795)". Annales historiques de la Révolution française, nº 278, p. 413.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Mission Archives 34 (2009). "Archives contemporaines de Ganges. Répertoire numérique détaillé" (Montpellier: Mission Archives 34 ed.). 
  • Dugrand, Raymond (1953). "Ganges. Étude d'une petite ville sub-cévenole" (Montpellier: P. Déhan ed.). 
  • Dugrand, Raymond; Coularou, Pascal (2000). "Il était une fois Ganges. 1850-1950" (Liouc (Gard): Le Plein des sens ed.). 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]