Saltar ao contido

Galicia visual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia visual foi unha serie de 120 documentais producidos por Adivina Producciones para a TVG no ano 2000. Dirixidos por Jorge Algora, cada documental tiña unha duración de 30 m e pretendían dar a coñecer a riqueza turística de Galicia. A narración dos documentais corría a cargo dos locutores e actores de dobraxe Antón Cancelas e Miriam Aldrei, e a xefatura de produción foi exercida por María Fernández e Miguel Fernández.

Recibiu o Premio Mestre Mateo 2004 ao mellor programa de televisión e mereceu un accésit ao mellor programa de televisión de contido turístico en Ferpalia (Pontevedra, 2001).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Ficha do programa en culturagalega.org