Gaivota escura
Gaivota escura | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Larus fuscus graellsii en Inglaterra | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Larus fuscus' Linnaeus, 1758 |
A gaivota escura, maroto ou papón (Larus fuscus) é unha das gaivotas máis espalladas por Europa
Descrición
[editar | editar a fonte]Un exemplar adulto mide uns 54 cm de lonxitude. A plumaxe é branca coa parte superior de cor gris lousa. O bico, moi forte, ten na parte inferior dianteira un punto vermello. As patas son na súa meirande parte amarelas. O aspecto dos machos e o das femias é semellante.
Sistemática
[editar | editar a fonte]Ten catro [2] (segundo algunhas clasificacións dúas ou tres) subespecies europeas:
- Larus fuscus fuscus, do mar Báltico e o leste de Escandinavia. A parte superior e negra acibeche.
- Larus fuscus intermedius, de Dinamarca, Países Baixos, Noruega. Parte superior de cor negra tizón.
- Larus fuscus graellsii, das Illas Británicas, Islandia, norte de Francia. Parte superior de cor gris escura.
- Larus fuscus heuglini, ocupa o norte de Siberia.
Distribución
[editar | editar a fonte]As poboacións máis importantes desta especie está no Reino Unido. Tamén son considerables as poboacións de Islandia, Illas Feroe, Escandinavia e Países Baixos. O resto de poboacións distribúense polas repúblicas bálticas ata o norte de Siberia, Francia, España , Portugal e Polonia. Son aves exclusivamente costeiras que se alimentan case exclusivamente no mar, tamén lonxe da costa. Son migratorias. Pasan o inverno desde as illas Británicas ó oeste de África. En inverno é un visitante regular das costas norteamericanas, as que chega probablemente dende Islandia.
Poboación en Galiza
[editar | editar a fonte]A gaivota escura é principalmente invernante en Galiza aínda que tamén existen pequenas poboacións ó longo da costa galega. No ano 2000 contabilizáronse unhas 330 parellas aniñantes nas Illas Sisargas, Sálvora, Coelleira e nas Illas Cíes principalmente. Como invernante a súa poboación varía entre os 6.000 e os 14.000 exemplares.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Cría en colonias á beira do mar ou en lagos. Fai o niño no chan dos acantilados. Adoita poñer tres ovos. Os exemplares novos son de cor castaña anegrada na parte superior. Tardan catro anos en chegar ó estado adulto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Larus fuscus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Gaviota sombría invernante. Revista Quercus, Nº331, Septembro 2013 (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Guía das aves de Galicia (1991), Editorial Baía.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gaivota escura |