Gaivina de cara branca
Gaivina de cara branca | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adultos | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Chlidonias hybrida' (Pallas, 1811) | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A gaivina de cara branca (Chlidonias hybridus ou Chlidonias hybrida) é unha ave mariña da familia Laridae (antes clasificábase na familia Sternidae). Ten diversas razas xeográficas que se diferencian polo tamaño e algúns pequenos detalles da plumaxe.
Descrición
[editar | editar a fonte]A plumaxe na época de cría e gris escura, os adultos teñen as meixelas brancas, feito que lles dá o seu nome. Ten na cabeza unha pucha negra característica. A cola é curta e ten forma de galleto. O bico é forte (mide de 29 a 34 mm nos machos e de 25 a 27 mm nas femias). En inverno a plumaxe son dun gris moito máis pálido, e a fronte é branca. A plumaxe dos exemplares novos é semellante á plumaxe invernal dos adultos, agás polo lombo de cor xenxibre.
Costumes
[editar | editar a fonte]Os exemplares tropicais son sedentarios, pero os que viven en Europa e Asia emigran en inverno a ägfrica e o sur de Asia. Cría en colonias, a miúdo mesturado con algunhas especies de gaivota. Poñe, entre maio e xuño, uns 3 ovos.
Aliméntase de peixes pequenos, crustáceos e insectos que captura na superficie da auga.
Subespecies
[editar | editar a fonte]- C. h. hybridus, a forma tipo, cría en Europa e Asia.
- C. h. delalandii, máis escuro e co bico máis curto é natural do leste e sur de África.
- C. h. javanicus, de cor máis pálida cá forma tipo, vive dende a illa de Xava a Australia.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Plumaxe invernal
-
Adultos
-
Adulto e polo
-
Museum specimen
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gaivina de cara branca |
- ↑ BirdLife International (2012). "Chlidonias hybrida". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.