Gaio azul
Gaio azul | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Coracias garrulus' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
|
O gaio azul,[2] ou rolieiro[3] (Coracias garrulus) é a única especie de paxaros da familia dos Coraciidae que habita en Europa. Esténdese desde a Península Ibérica e Marrocos no oeste ata Asia Oriental. É unha especie migratoria de longa distancia, hibernando no sur de África.
En Galiza é rara, e aparentemente vese nos pasos prenupciais en maio e máis intensamente no posnupcial de agosto-setembro.
Adoita habitar en lugares de clima tépedo ou cálido coa presenza de árbores. É un paxaro mediano dun tamaño entre 29–32 cm de media e unha envergadura de 52–58 cm coas ás estendidas. A súa cor é azul co lombo marrón. Frecuentan zonas arboradas e chairas abertas, onde se alimentan principalmente de insectos, aínda que en ocasións complementan a súa dieta con lagartos e ras.
Esta especie destaca no seu voo pola súa brillante cor azul que contrasta coas plumas negras das ás. Os dous sexos son similares, pero os xoves presentan unha cor máis clara que os adultos.
O canto deste paxaro é unha sucesión rápida de cantares curtos, similar a un instrumento infantil que provoca un ruído semellante ao dunha carraca, aínda que en ocasións parece cantar como un corvo común.
Acostuman aniñar nas árbores ou entre os penedos, e a posta consiste entre 4-6 ovos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Coracias garrulus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gaio azul |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fry, C Hilary; Fry, Kathie; Harris, Alan (1992). Kingfishers, Bee-eaters and Rollers. Londres: Helm. ISBN 978-0-7136-8028-7.
- Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- Linnaeus, Carl (1758). Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata (en latín). Holmiae: Laurentii Salvii.