Gemeinsame Normdatei
O Ficheiro Integrado de Autoridades (alemán: Gemeinsame Normdatei) ou GND é un ficheiro de autoridades internacional para a organización de nomes persoais, títulos temáticos e entidades corporativas para catálogos. Emprégase principalmente para a documentación en bibliotecas e en museos e arquivos. A entidade responsable do GND é a Biblioteca Nacional Alemá, en cooperación con diversas redes de bibliotecas rexionais na Europa de fala alemá. O sistema GND está baixo a licenza Creative Commons Zero (CC0).[1]
A especificación GND fornece unha xerarquía de entidades de alto nivel e subclases, útiles nas clasificacións das bibliotecas, e un sistema para a identificación sen ambigüidades de elementos únicos.
Tornouse operacional en abril do ano 2012, e integra o contido doutros ficheiros de autoridades que dende entón xa non están en uso:
- Personennamendatei (PND)
- Gemeinsame Körperschaftsdatei (GKD)
- Schlagwortnormdatei (SWD)
- Einheitssachtitel-Datei des Deutschen Musikarchivs (DMA-EST)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Integrated Authority File (GND)". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 22 de xaneiro de 2016.
Wikidata ten a propiedade: GND (P227) (Ver os seus usos) |