Furaño de xardín
Furaño de xardín Crocidura suaveolens | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Crocidura suaveolens Pallas, 1811 | |||||||||||||||||||||||
Distribución da especie
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
O furaño de xardín (Crocidura suaveolens) é unha especie de mamífero placentario da orde dos soricomorfos e familia dos sorícidos.
Descrición
[editar | editar a fonte]É un soricido de dentes brancos semellante ao furaño común, (Crocidura russula). Co lombo de cor acastañada, ventre agrisado ás veces amarelado, coa cola cuns característicos pelos longos. Na Europa continental e na Península Ibérica as súas dimensións medran de norte a sur. A poboación de Menorca é a de maior tamaño.
Distribución
[editar | editar a fonte]De ampla distribución no Paleártico, entre os 23º e os 56º N. Dende o sur da Península Ibérica até o Xapón, Corea e a China oriental. Presente en numerosas illas do Canle da Mancha e do mar Mediterráneo. En España localízase desde a desembocadura do río Guadalquivir, costa onubense e de Portugal, límites do norte de Cáceres e sur de Salamanca, internandose no val do Tietar, noroeste de Zamora, gran parte de Galicia, Cornixa Cantábrica, norte Burgos, Biscaia, Álava, Guipúscoa e Navarra. Na área mediterránea está presente no nordés de Xirona. Ocupa a illa de Menorca.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Na Península Ibérica ocupa diversos medios na zona de influencia atlántica, mentres que na rexión mediterránea fica relegada aos ambientes húmidos. Non parece colonizar medios antropóxenos como en Europa.
Depredación
[editar | editar a fonte]En Centroeuropa ten unha ampla relación de depredadores tanto réptiles como aves e mamíferos. Na Península Ibérica é depredado principalmente por rapaces nocturnas. En Menorca é deprededa pola curuxa e maila martaraña, (Meles meles).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hutterer, R., Amori, G., Kry?tufek, B., Yigit, N., Mitsain, G. & Muñoz, L.J.P. 2008. Crocidura suaveolens. In: IUCN 2009. IUCN Rede List of Threatened Species. Version 2009.2. <www.iucnredlist.org>. Downloaded on 21 December 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Furaño de xardín |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Furaño de xardín |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Crocidura suaveolens, en Don E. Wilson & DeeAnn M. Reeder (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed), Johns Hopkins University Press(en inglés).
- Crocidura suaveolens no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf (en castelán). (Consultado o 30 de xullo de 2009).