Funicular de Vallvidrera
Aparencia
O funicular de Vallvidrera é un funicular de Barcelona que une a parte alta do barrio de Sarrià con Vallvidrera. A estación inferior está conectada coa liña do Vallès dos Ferrocarrils de la Generalitat (parada Peu del Funicular).
Foi inaugurado en 1906 para comunicar a liña Sarrià-Barcelona coa vila de Vallvidrera, cando aínda eran núcleos diferenciados. En 1979 pasou a formar parte de FGC, que é o explotador actual. En 1998 foi remodelado.
Características
[editar | editar a fonte]- Lonxitude da liña: 736
- Altitude Vallvidrera-Inferior: 196 m
- Altitude Vallvidrera-Superior: 359 m
- Desnivel: 158 m
- Pendente máxima: 28,9 %
- Vehículos: 2
- Capacidade dos vehículos: 50 persoas
- Capacidade de transporte (nun só sentido): 2000 persoas/h
- Velocidade: 5,0 m/s (ou 18 km/h
- Diámetro do cable: 30 mm
- Largo de vía: 1000 mm
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Funicular de Vallvidrera |