Funicular de Montjuïc
O Funicular de Montjuïc é un funicular da cidade de Barcelona, inaugurado o 24 de outubro de 1928, con motivo da Exposición Internacional que tivo lugar o ano seguinte. O funicular foi obra do enxeñeiro Emilio Echevarría e as estacións do arquitecto Ramon Reventós i Farrarons. A obra construíuse en 14 meses.
O ano 1992 recibiu unha renovación e volveu abrir o 24 de xuño de 1992, con motivo dos Xogos Olímpicos que tiveron lugar ese mesmo ano. En 2005 volveu ser renovado, e o 29 de novembro de 2005 volveu abrir logo de 44 días de renovación. A estación máis próxima á cidade está situada na mesma parada do metro de Paral·lel, cunha altura de 4 metros sobre o nivel do mar, e a estación situada máis preto da montaña está na Avinguda de l'Estadi, cunha altura de 80 metros, a menos dun minuto do Teleférico de Montjuïc. O Funicular pertence á empresa TMB.
Características técnicas
[editar | editar a fonte]- O percorrido completo dura 2 minutos.
- A lonxitude do percorrido é de 758 metros.
- A velocidade máxima é de 10 metros por segundo.
- A capacidade máxima por tren é de 400 pasaxeiros.
- A capacidade de transporte por hora en cada sentido é de 8.000 pasaxeiros.
- A pendente máxima é dun 18%, sendo a media do 10,1%.
- Persoas con minusvalía poden acceder pola parte do tren máis próxima á montaña.
- A maior parte do funicular é cuberta excepto os últimos metros.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Estación Parc de Montjuïc
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |