Saltar ao contido

Acícula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Frouma»)
Arume, follas aciculares do piñeiro.

Acícula (do latín vulgar acucula, diminutivo de acus agulla) é o termo empregado en botánica para designar aguillóns magros e febles que non son feridores.[1][2] Por extensión, os órganos aciculares son aqueles con forma longa e fraca, moi especialmente as follas dos piñeiros e outras coníferas.

Noutras disciplinas como a zooloxía ou a mineraloxía úsase tamén este termo, facendo referencia sempre a órganos ou outros elementos longos, finos e rematados en punta.[2]

Denominación galega da folla do piñeiro

[editar | editar a fonte]

En galego reciben o nome común de frouma, agulla ou arume, así coma unha infinidade de variedades dialectais: bruma, garfa, lesta, padumeiro, pica, pilro, piñuca, pulazo, rama etc.[3] O arume úsase para acender lumes ou coma combustíbel.

  1. Font Quer, P. (1982)
  2. 2,0 2,1 Lancha y Sempere (1988)
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para frouma.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Varios autores (2002). Termos Esenciais de Botánica. Lugo: Comisión de Normalización Ligüística da Escola Politécnica Superior de Lugo- Universidade de Santiago de Compostela-Xunta de Galicia. p. 18. 
  • Allaby, M. (1984). Diccionario del medio ambiente. Madrid: Pirámide. p. 421. 
  • Font Quer, P. (1982). Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor, SA. p. 1244. 
  • Lancha, J.M. y T. Sempere (1988). Diccionario de ciencias naturales. Usos y etimologías. Madrid: Siglo veintiuno de España editores. p. 376.