Saltar ao contido

Estropallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fregaduxo»)
Varios estropallos.
Estropallo nun vertedoiro.

O estropallo, tamén chamado fregador, fregaduxo e freganzo[1], é un tipo de esponxa empregada para fregar a vaixela e os utensilios de cociña.

Está formado por un conxunto de fibras naturais ou sintéticas con propiedades abrasivas. O seu uso é doado: deposítase líquido lavalouza sobre a súa superficie, humedécese con auga e frégase con firmeza a peza até retirar a sucidade. Unha vez terminada a operación de lavado, aclárase e déixase secar no escorredoiro.

Existen diversos tipos de estropallos. Son moi habituais os que combinan unha superficie rugosa de fibra usada para tratar obxectos duros, con outra suave de esponxa empregada para superficies delicadas coma vasos de vidro ou vitrocerámicas.

Materiais de fabricación

[editar | editar a fonte]
Estropallo de luffa.

Pódense fabricar de diferentes materiais coma:

  • Esparto, fabricado con fibra natural.
  • Luffa, unha esponxa vexetal da familia cucurbitaceae cunha vida útil de arredor de 3 meses. Ao non ter tóxicos e ser biodegradábel, é unha alternativa ecolóxica para lava-la vaixela sen raiala nin danala.
  • Poliéster ou poliamida son os materiais máis habituais e adóitaselles dar unha cor verde, aínda que tamén se fabrican en azul, negro, branco etc.
  • Aluminio, ou aceiro inoxidábel, en forma de finas cintas que se enrolan formando un nobelo que cabe na man. Son os máis duros de todos polo que pode raiar case calquera superficie. Úsase para fregar olas e obxectos metálicos.

Outros usos

[editar | editar a fonte]
  • Os estropallos poden utilizarse coma filtros mecánicos para a auga dos acuarios.[2]
  • O estropallo de aluminio é unha ferramenta habitual de fontanaría utilizada para limpar os tubos antes de soldalos.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estropallo.
  2. "Uso del estropajo en los acuarios". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2020. Consultado o 26 de maio de 2020.