Frederico I de Lorena
Nome orixinal | (fr) Frédéric Ier de Lorraine |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 910 ↔ 915 valor descoñecido |
Morte | 18 de maio de 978 (Gregoriano) valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | feudatario |
Outro | |
Título | Duke of Upper Lotharingia (en) (959–978) Count of Bar (en) (955–978) |
Familia | Ardennes-Verdun dynasty (en) |
Cónxuxe | Beatriz de França (955 (Gregoriano)–) |
Fillos | Adalbéron II de Metz, Teodorico I de Lorena, Ita von Lothringen |
Pais | Wigeric of Lotharingia e Cunigunda of France |
Irmáns | Adabero I of Ardenne Siegfried do Luxemburgo Gozlin, Count of Bidgau Giselbert Liutgarde of Bidgau |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Frederico I ou Ferry I, nado sobre 910/915 e finado en 978[1], foi conde de Bar e duque da Alta Lorena. Era fillo de Cunegunda e Wixerico, conde de Bigdau, máis tarde conde palatino de Lorena.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu matrimonio con Beatriz de Francia, filla de Hugo o Grande (Robertiano), duque dos francos, e de Eduvixis de Saxonia, filla do emperador Henrique I de Alemaña, deulle en dote a renda lorenesa da abadía de Saint, entre as que se atopaba o abadía de Saint-Mihiel. Mandou construír unha fortaleza en Fains, na fronteira entre o reino de Francia e o reino de Alemaña, e cambiou feudos co bispo de Toul. Así foi como pouco a pouco se foi formando un dominio coherente que se converteu no Condado de Bar.
O ducado de Lotarinxia estaba entón encabezado polo arcebispo Bruno de Colonia, que era irmán de Otón I do Sacro Imperio Romano Xermánico e de Eduvixis de Saxonia, e polo tanto tío da muller de Frederico. Bruno e Otón decidiron en 959 dividir Lorena en dous ducados, e entón Frederico foi viceduque da Alta Lorena. Poucos anos despois, en 977, Frederico recibiu o título de duque da Alta Lorena.
Favoreceu a reforma monástica en Saint-Dié e Moyenmoutier.
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Casou en 954 coa irmá de Hugo Capeto, Beatriz de Francia, da que tivo a:
- Henrique, morto entre 972 e 978.
- Adalberón II de Metz († 1005), bispo de Verdún e máis tarde bispo de Metz.
- Teodorico ou Thierry I (962/972 - 1027), conde de Bar, duque de Lorena.
- Ida, casada con Radbot de Altenburg, construíu o castelo de Habsburg e estaría entre os antepasados da casa de Habsburgo[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xenealoxía de Frederico, duque de Alta Lotarinxia, no sitio web de Medieval Lands
- ↑ Menzel, Wolfgang (1907). History of Germany, from the Earliest Period (en inglés). G. Bell & sons. p. p.401. ISBN 1440092214.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Friedrich I. Herzog von Ober-Lothringen (959-978) Arquivado 16 de decembro de 2005 en Wayback Machine.