Fred Durst
Aparencia
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1970 (54 anos) Jacksonville, Estados Unidos de América |
Outros nomes | Fred Durst |
Educación | Hunter Huss High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | músico, compositor de cancións, realizador, cantante, rapeiro, actor |
Período de actividade | 1993 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Nu metal, rap rock e rap metal |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Voz e guitarra |
Selo discográfico | Shrapnel Records (en) Interscope Records Geffen Records |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | freddurst.com |
|
William Frederick Durst, nado en Jacksonville (Florida) o 20 de agosto de 1970, é un músico e director de cine estadounidense. Durst é coñecido sobre todo por ser o vocalista da banda de nu metal Limp Bizkit, formada en 1994, coa cal leva publicados seis álbums de estudio.
Dende o ano 2006, Durst tamén vén sendo coñecido polo seu traballo en filmes independentes. Coprotagonizou a película Population 436, e estreouse como director en 2007 co filme The Education of Charlie Banks. Durst dirixiu un segundo filme, The Longshots, en 2008.