Saltar ao contido

Arao papagaio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fratercula arctica»)
Arao papagaio

Adulto en Islandia


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Alcidae
Xénero: Fratercula
Especie: F. arctica
Nome binomial
Fratercula arctica
(Linnaeus, 1758)
Mapa de biodistribución *Azul=Lugares de cría *Negro=Distribución no verán *Vermello=Distribución no inverno
Mapa de biodistribución *Azul=Lugares de cría *Negro=Distribución no verán *Vermello=Distribución no inverno

Mapa de biodistribución
  • Azul=Lugares de cría
  • Negro=Distribución no verán
  • Vermello=Distribución no inverno
Sinonimia

Alca arctica Linnaeus, 1758

O arao papagaio ou aro de altura[2] (Fratercula arctica) é unha ave mariña palmípede. Caracterízase polo seu peteiro triangular e moi largo e de cor vermella, amarela e azul no verán, pero que perde a cor no inverno.

Arao papagaio

Características

[editar | editar a fonte]

É unha ave mariña pequeneira dunha lonxitude de 28–34 cm e dunha envergadura de 50–60 cm, de plumaxe negra, co peito e ventre brancos e as patas laranxas e bastante curtas.

O seu peteiro, forte e robusto, é o máis característico. Ten unha base gris azulada co extremo vermello, e presenta irisacións douradas. No inverno, porén, faise máis gris e menos rechamante.

Distribución

[editar | editar a fonte]

O seu hábitat é Europa do Norte, Islandia e o leste de Norteamérica. Ás veces achégase ata as costas de Galicia.

Etoloxía

[editar | editar a fonte]
Fratercula arctica arctica

Cría en colonias na costa, no fondo de buratos e coviñas de ata un metro, moitas veces aproveitados de tobos de coellos ou doutras aves mariñas. Nos niños deposita 1 ou 2 ovos; a femia encárgase da incubación que dura 40 días. Pasa o inverno no mar, chegando ás veces ata o Mediterráneo occidental, nesa época é cando se aproximan ás costas galegas.

Aliméntase de peixes, que complementa con crustáceos e moluscos, que capturan mergullándose no océano.

  1. BirdLife International (2012). "Fratercula arctica". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. M. do Carme Ríos Panisse (1983): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Universidade de Santiago [1] Tamén inclúe a forma arao loro, non obstante o Dicionario da Real Academia Galega non acepta loro con ese significado.