Francisco Río Barxa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2018.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de novembro de 1919 Lugo, España |
Morte | 5 de xaneiro de 2011 (91 anos) Tenerife, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - doutoramento en xeografía |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeografía |
Ocupación | divulgador científico |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Membro de | |
Premios | |
| |
Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo o 17 de novembro de 1919[1] e finado en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de militar, estudou o bacharelato nos Maristas de Lugo e aprobou as oposicións a Correos, coincidindo coa Guerra Civil española. Durante a contenda, é recrutado como carteiro polo bando nacional. Na posguerra licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela e foi destinado como mestre a Viveiro. Proseguiu a súa carreira profesional ao acceder temporalmente a unha praza de profesor adxunto na universidade compostelá. Nesa época é cando coñece a Ramón Otero Pedrayo e cando escribe a súa tese doutoral, que lla dirixe precisamente o catedrático ourensán.
Posteriormente sacou as oposicións para profesor universitario de Maxisterio e, aínda que o destinan ás illas Canarias, permutará a praza e quedará na Universidade de Santiago, centro de ensinanza ao que quedaría vinculado ata a súa xubilación. Vinculado ao galeguismo histórico a través de Pedrayo e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, ingresou na Real Academia Galega en 1983 a proposta de Ramón Piñeiro, Manuel Chamoso Lamas e Antón Fraguas cun discurso sobre a interpretación da paisaxe compostelá.
Foi director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e membro do Consello da Cultura Galega e da Academia das Ciencias de Galicia.
Defensor do nacemento do río Miño no Pedregal de Irimia, marcou quizais o punto de inflexión cara a esta paternidade en detrimento de Fonmiñá[Cómpre referencia].
Obra
[editar | editar a fonte]- La revolución gallega de 1846 (1953)
- Bibliografía de geografía económica de Galicia (1960)
- La vivienda rural en el Miño Alto (1960)
- Aplicaciones prácticas de geografía general para profesores de E.G.B (1980)
- Didáctica da xeografía (1981)
- Cartografía Xurisdiccional de Galicia no século XVIII (1990)
- Os ríos galegos: Morfoloxía e réxime (1992)
- Estudios de xeografía de Galicia (1995)
- Galicia, esa descoñecida (1999, 2005)
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia (2009, Xeogal) 28 volumes. El Correo Gallego. Director da publicación.
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Premio Trasalba (1995)
- Medalla Castelao (1996)
- Pedrón de Ouro (2007)
- Premio das Letras e das Artes (2001)
- Premio Otero Pedrayo
- Premio Galicia de Investigación
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Río Barja, Francisco Xavier". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 489. ISBN 84-8064-113-4.
- Membros de número da Real Academia Galega
- Xeógrafos de Galicia
- Escritores de Galicia
- Escritores en lingua galega
- Escritores en lingua castelá
- Nados en Lugo
- Medallas Castelao
- Premio Trasalba
- Premio Otero Pedrayo
- Pedrón de Ouro
- Nados en 1919
- Finados en 2011
- Enciclopedistas de Galicia
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela