Saltar ao contido

Francisco Garrigós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Garrigós
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1994 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Móstoles, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Alfonso X el Sabio Editar o valor en Wikidata
Altura1,6 m Editar o valor en Wikidata
Peso60 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónjudoka, adestrador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Deportejudo Editar o valor en Wikidata
Participou en
29 de abril de 20222022 European Judo Championships – Men's 60 kg (en) Traducir (1º) (medalla de ouro)
1 de abril de 20222022 Judo Grand Slam Antalya (en) Traducir
2022judo at the 2022 Mediterranean Games – men's 60 kg (en) Traducir (1º) (medalla de ouro)
24 de xullo de 2021Judô nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Até 60 kg masculino (pt) Traducir (9º)
16 de abril de 20212021 European Judo Championships – Men's 60 kg (en) Traducir (1º) (medalla de ouro)
6 de agosto de 2016Judo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - Até 60 kg masculino (pt) Traducir (17º) Editar o valor en Wikidata

Páxina webfrangarrigos.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: FranGarrigos.es Twitter: frangarrigos1 Instagram: frangarrigos1 Olympic.org: francisco-garrigos Editar o valor en Wikidata

Francisco Garrigós Rosa, nado en Móstoles o 9 de decembro de 1994 é un deportista español que compite en judo na AD Famu de Vigo, baixo licenza galega.[1][2] Foi campión mundial en 2023, tricampión de Europa (2021, 2022 e 2024) e medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 2024.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade Alfonso X o Sabio.[4] Gañou dúas medallas no Campionato Mundial de Judo, bronce en 2021 e ouro en 2023, e sete medallas no Campionato Europeo de Judo entre os anos 2017 e 2024. Nos Xogos Europeos de Minsk 2019 obtivo unha medalla de prata na categoría de –60 kg.

Participou en tres Xogos Olímpicos de Verán, ocupando o 17.º lugar en Río de Xaneiro 2016 e o noveno en Tokio 2020, na categoría de –60 kg. Nos Xogos Olímpicos de París 2024 derrotou sucesivamente ao belga Jorre Verstraeten e ao xaponés Ryuju Nagayama, acadando así as semifinais, nas que caeu fronte ao casaco Eldos Smetov. No combate polo bronce venceu ao xeorxiano Giorgi Sardalashvili, converténdose así no primeiro medallista español nos Xogos de París.[5][6]

Palmarés internacional

[editar | editar a fonte]
Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Categoría
2021 Budapest Bronce -60kg
2023 Doha Oro -60kg
Xogos Europeos
Ano Lugar Medalla Categoría
2019 Minsk Prata -60kg
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Categoría
2017 Varsovia Bronce -60kg
2019 Minsk Prata -60kg
2020 Praga Bronce -60kg
2021 Lisboa Ouro -60kg
2022 Sofía Ouro -60kg
2023 Montpellier Bronce -60kg
2024 Zagreb Ouro -60kg
Xogos Olímpicos
Ano Lugar Medalla Categoría
2024 París Bronce -60kg
  1. Diario, Nós (2024-07-27). "Xornada de éxitos para o judo galego: Fran Garrigós e Laura Martínez, a semifinais". Nós Diario. Consultado o 2024-07-27. 
  2. Atlántico (2024-07-27). "El músculo del Famu vigués, en París 2024". Atlántico (en castelán). Consultado o 2024-07-27. 
  3. "Fran Garrigós, triple campeón de Europa de judo para liderar la gran jornada española". 25 de abril de 2024. Consultado o 25 de abril de 2024. 
  4. "Fran Garrigós, estudiante UAX, se corona campeón de Europa de Judo". Consultado o 11 de xullo de 2024. 
  5. Carrazoni Mier, Yuri (27 de xullo de 2024). "Xornada de éxitos para o judo galego: Fran Garrigós e Laura Martínez, a semifinais". Nós Diario. Consultado o 31 de xullo de 2024. 
  6. "Men under 60 kg Bronze medal". www.eurosport.com (en inglés). Consultado o 2024-07-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]