Saltar ao contido

Francisco Eiroa Graña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Eiroa Graña
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor en Wikidata
Cangas, España Editar o valor en Wikidata
Morte1940 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
Cangas, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Cangas
1931 – 1936 – Agustín Jorge Etcheverri ⊟ Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Francisco Eiroa Graña, nado en Cangas en 1892 e finado na mesma vila en 1940, foi político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carpinteiro, correspondente de Faro de Vigo en Cangas, foi administrador dos Transportes Automóbiles. Tivo carnizaría e tenda de comestíbeis. Foi fundador e presidente do Recreo Marítimo (1912), presidente do pósito de Darbo e presidente da Federación de Pósitos de Galicia (1925-1926) e non aceptou a reelección en 1926. Foi presidente da Federación Agrícola do Morrazo en 1928 e secretario do III Congreso Provincial Agrario de Pontevedra que tivo lugar o 20 de outubro de 1929.

Presentouse ás eleccións de 1917 na lista que encabezaba o médico José Piñeiro. Volveu presentarse ás eleccións municipais de 1922. Foi concelleiro na ditadura de Primo de Rivera (de 1924 a 1925). O 14 de abril de 1931 proclamou a República en Cangas e o 18 de abril foi elixido alcalde. Permaneceu no cargo ata o triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.


Predecesor:
Cecilio de la Gándara Blanco
 
Alcalde de Cangas
 
1931 - 1936
Sucesor:
Agustín Jorge Etcheverri

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Santos Castroviejo, Iago; Nores Soliño, Antonio (2005). A Nosa Terra, ed. Historia de Cangas, 1900-1936. Unha ribeira de pescadores. Vigo. p. 778. ISBN 84-96403-74-2.