Francisco Díaz Portas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Galicia, España |
Morte | 3 de xullo de 1914 Mondoñedo, España |
Alcalde de Mondoñedo | |
1899 – 3 de xullo de 1914 (finado no cargo) ← Ladislao Louro Pedreira – Alejo Ferreiro Soilán ⊟ | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Francisco Díaz Portas, finado en Mondoñedo o 3 de xullo de 1914, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Avogado en Mondoñedo. Foi nomeado xuíz municipal de Mondoñedo en 1877,[1] e volveu ser xuíz municipal en 1897. Foi concelleiro de Mondoñedo. Foi alcalde de Mondoñedo dende 1899. Leal a Avelino Montero Villegas, continuou no cargo até a súa morte en xullo de 1914.[2]
Predecesor: Ladislao Louro Pedreira |
Alcalde de Mondoñedo 1899 - 1914 |
Sucesor: Alejo Ferreiro Soilán |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Sabina Fernández López e foi pai de Fermín Díaz Fernández.