Francisco Castro Represas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1905 Vigo, España |
Morte | 23 de abril de 1997 (91 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Páxina web | castroyalonso.com |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Francisco Castro.
Francisco Castro Represas, nado en Vigo o 11 de xuño de 1905 e finado ibídem o 23 de abril de 1997, foi un arquitecto galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Madrid en 1932. De volta en Vigo, asociouse con Pedro Alonso Pérez en 1940, con quen traballou ata 1988. Na súa obra, que evolucionou do eclecticismo ao racionalismo, destaca o emprego do granito, o uso de balconadas e de cornixas corridas.
Foi nomeado vigués distinguido en 1993.
Obra
[editar | editar a fonte]Son obras, entre outras, de Castro Represas:
- O Edificio Ribas, na rúa Marqués de Valladares 22, esquina coa rúa Colón.
- Os números 4 e 6 da praza de Compostela.
- O Edificio Sanchón ou de Natalio Sanchón (1935) na rúa Policarpo Sanz.[1]
- A fábrica de conservas de Ribas (1935-38) na r/ Beiramar esquina r/ Ánimas.[2]
- O Edificio Cesáreo González (1938) na praza de Portugal.
- O Edificio Jesús Crespo Filgueira (1938) na rúa Cuba esquina Urzáiz.[3]
- O Edificio Curbera ou Edificio de José Curbera (1939), na rúa García Barbón.
- O Edificio Barreras (1940) na rúa Colón.
- O Edificio Pernas (1941) que ocupa todo o rueiro formado pola Gran Vía coas rúas López Mora e Ramón González Sierra.
- O Edificio Albo (1942) na Gran Vía esquina Urzáiz.[4]
- O Real Club Náutico de Vigo (1944-45).
- O Edificio Miguel Seijo Serodio (1945).[5]
- O Edificio comercial para José González (1949), na rúa Marqués de Valladares.[6]
Conta con obra conservada en Bouzas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Edificio Natalio Sanchón, 1935.[7]
-
Edificio Curbera, o rañaceos, 1939.[7]
-
Edificio Albo, 1942.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Edificio Natalio Sanchón en Turgalicia.
- ↑ 42°13′29.58″N 8°44′27.07″O / 42.2248833, -8.7408528
- ↑ Edificio para Jesús Crespo Filgueira en Turgalicia.
- ↑ Edificio Albo en Turgalicia.
- ↑ Edificio Miguel Seijo Serodio en Turgalicia.
- ↑ Edificio comercial para José González en Turgalicia.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Ruta de Arquitectura Racionalista Concello de Vigo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Castro Represas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "CASTRO REPRESAS, Francisco" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 225-226, 2010-2011, Ir Indo, Vigo.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estudo de arquitectura Castro y Alonso (en castelán e inglés).