Francesco Maria Piave
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1810 Murano, Italia (pt) |
Morte | 5 de marzo de 1876 (65 anos) Milán, Italia |
Lugar de sepultura | cemiterio monumental de Milán |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, poeta, compositor, compositor de cancións, dramaturgo, escritor, libretista, tradutor, director de ópera |
Xénero artístico | Ópera |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
|
Francesco Maria Piave, nado en Murano o 18 de maio de 1810 e finado en Milán o 5 de marzo de 1876, foi un poeta italiano, moi coñecido por ser un dos libretistas máis próximos a Giuseppe Verdi, sendo o seu colaborador e amigo durante practicamente toda a vida.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Piave naceu en Murano en la lagoa de Venecia, cando a rexión estaba baixo o poder de Napoleón Bonaparte e formaba parte do que entre 1805 e 1814 se denominou Reino de Italia. Ao igual que Verdi, Piave foi un fervente nacionalista italiano, e mesmo en 1848, en Milán, durante as Cinque Giornate, Verdi escribiu a Piave con ocasión da saída da cidade das tropas austríacas comandadas por Joseph Radetzky von Radetz, dirixíndose a el como Cidadán Piave.
Xunto a Salvatore Cammarano, foi un dos libretistas máis prolíficos na carreira de Verdi, escribindo Ernani (1844), I due Foscari (1844), Attila (1846), Macbeth (1847), Il corsaro (1848), Stiffelio (1850), Rigoletto (1851), La traviata (1853) Simon Boccanegra (1857) e La forza del destino (1862). Piave tería colaborado tamén na elaboración do libreto de Aida, que lle foi encargado a Verdi en 1870, si non tivera sufrido un ataque cardíaco.
Piave tamén colaborou elaborando libretos para outros compositores como Giovanni Pacini, Saverio Mercadante, Federico Ricci e Michael Balfe.
Piave morreu en Milán o 5 de marzo de 1876, aos 65 anos de idade e foi enterrado no Cimitero Monumentale.
Libretos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
- ↑ List from opera.stanford.edu Retrieved 27 November 2010