France Prešeren
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de decembro de 1800 Vrba, Eslovenia (en) |
Morte | 8 de febreiro de 1849 (48 anos) Kranj, Eslovenia (pt) |
Causa da morte | morte natural |
Educación | Universidade de Viena |
Q89547790 | Sonetni Venec (Guirnalda de sonetos) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, avogado, poeta avogado |
Movemento | Romanticismo |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Parella | Ana Jelovšek |
Fillos | Ernestina Jelovšek |
Parentes | Anton Vovk, sobriño neto |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:20 : Плата — Проб, sec:Прешерн Франце, p.545) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
France Prešeren, nado en Vrba o 3 de decembro de 1800 e finado en Kranj o 8 de febreiro de 1849, foi un poeta romántico esloveno que é aclamado como o poeta nacional. O seu nome atópase ás veces xermanizado como Franz Prescheren.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa obra máis famosa, Sonetni Venec (Guirnalda de sonetos) inspirouna o seu amor infeliz por Julija Primic (xermanizado como "Julia Primitz") e a morte do seu amigo íntimo, o poeta Matija Čop (Matthias Tschop). Moitos dos versos desta obra están cheos de paixóns agre-doces. Sonetni Venec está escrito nun formato interesante: o último verso dun soneto convértese na primeira liña do seguinte, o que converte os catorce sonetos da colección nunha "guirnalda" entreverada de liricismo emocional: un soneto non pode existir sen o outro. Os primeiros versos dos catorce sonetos forman outro soneto e as primeiras letras destas liñas forman as palabras "Primicovi Julji", "a Julija Primic". O poema de Prešeren "Zdravljica" ("Un brinde") é, desde 1991, o himno nacional esloveno.
O 8 de febreiro, data da súa morte, conmemórase como Festividade da Cultura Eslovena. A súa imaxe aparecía nos billetes de 1000 tolar eslovenos.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: France Prešeren |