Saltar ao contido

Fragata Francesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaFragata Francesa
Imaxe
TipoAtol Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas de Sotavento, Hawai Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaHawai Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaRefuxio Nacional de Vida Silvestre das Illas Hawaianas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativacondado de Honolulu, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 23°39′47″N 166°04′50″O / 23.6631, -166.0806
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude36 m Editar o valor en Wikidata
Superficie0,25 km² Editar o valor en Wikidata
Mapa dos French Frigate Shoals

French Frigate Shoals (en hawaiano Mokupapapa) son os restos dun atol medio mergullado nas illas de Sotavento de Hawai. Está situado practicamente no medio do arquipélago, a 160 km ao noroeste da illa Necker.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O atol ten forma de media lúa de 29 km de longo. Consiste nuns arrecifes rochosos e 12 illotes de area na lagoa aberta. Destacan Tern Island, Disappearing Island, East Island, Gin Island, Little Gin Island. No medio hai un pináculo de lava de 36 metros de altitude, La Perouse Pinnacle, o único resto da orixe volcánica. A superficie total das terras emerxidas é de 0´25 km², en cambio a área dos arrecifes coralinos ocupa 938 km².

O atol ten unha gran variedade de aves e unha poboación importante de focas e tartarugas. Nos arrecifes hai unha gran diversidade de peixes e algas.

La Perouse

French Frigate Shoals, literalmente Baixos da Fragata Francesa, foi descuberto polo francés Jean-François de La Pérouse, o 6 de novembro do 1786. Estivo a piques de encallar as dúas fragatas da súa expedición, Broussole e Astrolabe, e bautizou o atol como Basse des Frégates Françaises, pero co tempo foi alternando o singular e o plural.

En 1859, os Estados Unidos tomaron posesión ante a posibilidade da explotación do guano, pero a French Frigate Shoals resultou impracticable.

Finalmente, en 1909 entrou a formar parte da reserva de aves das illas Hawai.

Na segunda guerra mundial os norteamericanos alargaron artificialmente Tern Island para construír unha pista de aterraxe de 1.000 metros. Utilizábase como pista de aterraxe de urxencia para os voos entre Hawai e o atol de Midway.