Saltar ao contido

Foca mediterránea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Foca mediterránea
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Pinnipedia
Familia: Phocidae
Xénero: Monachus
Especie: M. monachus
Nome binomial
Monachus monachus
(Hermann, 1779)
Distribución da Foca monxe.
Distribución da Foca monxe.

Distribución da Foca monxe.

A foca mediterránea,[2] ás veces foca monxe,[3] (Monachus monachus) é unha especie pertencente á familia dos fócidos.

Características

[editar | editar a fonte]

Os machos poden acadar os 3,40 metros de lonxitude, namentres as femias non pasan dos 2,50 metros. O lombo é escuro, sendo a parte ventral máis pálida. Non ten orellas e posúe unhas unllas fortes nas aletas dianteiras. Habita en costas e areais do mar Mediterráneo, en lugares de difícil acceso. É unha especie diúrna, sedentaria, que vive en pequenas colonias. Aliméntase de peixes, luras e crustáceos.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Antigamente estendíase por todo o mar Mediterráneo e o mar Negro. Tamén estaba presente nas costas atlánticas de Marrocos, chegando ata as Illas Canarias e Madeira. A comezos do século XXI só sobreviven uns 500 exemplares. Trátase dunha especie en grave risco de extinción.

  1. Karamanlidis, A. & Dendrinos, P. (2015). "Monachus monachus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2015: e.T13653A45227543. Consultado o 25 de decembro de 2015. 
  2. González González, Manuel (ed.). "Foca mediterránea". Tergal. Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades. Consultado o 09/12/2024. 
  3. "Achan probas do regreso da foca monxe á costa de Mallorca". La Opinión. 26 de febreiro de 2023. Consultado o 27 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.