Saltar ao contido

Fluorescencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fluorescente»)

A fluorescencia é a propiedade dunha substancia para emitir luz cando se expón a radiacións do tipo ultravioleta, raios catódicos ou raios X. As radiacións absorbidas (invisíbeis para o ollo humano), son transformadas en luz visíbel, é dicir, dunha lonxitude de onda maior á incidente.

No proceso, unha molécula absorbe un fotón de alta enerxía, o cal é emitido como un fotón de baixa enerxía (maior lonxitude de onda). A diferenza de enerxía entre a absorción e a emisión, é disipada como calor (vibracións moleculares). Todo o proceso é moi curto (millonésimas de segundo) e este tempo é a principal diferenza co outro coñecido fenómeno luminoso, a fosforescencia.

As substancias que producen este tipo de radiación denomínanse fluoritas, mentres que o fenómeno en si mesmo, débese á presenza de materia orgánica ou de ións de terras raras.

Porén, nunha mostra de minerais que posúen propiedades fluorescentes, non todos eles, incluso os que se extraeron dun mesmo lugar, presentan a característica luminiscencia. Por outra banda existe unha ampla variedade de cores, dependendo da lonxitude de onda emitida.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]