Flatulencia
Unha flatulencia, vulgarmente denominada peido, é o residuo gasoso da dixestión que sae polo ano.
Os gases orixinados pola fermentación bacteriana (principalmente hidróxeno e metano) supoñen aproximadamente as ¾ partes do total da flatulencia.[1] En persoas sas, a frecuencia de evacuación de gases a través do recto é variábel.[2][3]
Proceso
[editar | editar a fonte]Durante a dixestión, os encimas segregados polo páncreas e o estómago encárganse de romper moléculas grandes, a fin de que poidan ser absorbidas no intestino delgado. Isto xera sempre residuos que o corpo ten que eliminar en forma sólida e líquida (que podemos relacionar cos excrementos) e en forma gasosa (peidos, bufos ou ventosidades).
A procedencia do peido está ligada ao pudor, e xunto cos sons que produce cando é expulsado, fan que estea vinculado ao humor escatolóxico.
Composición
[editar | editar a fonte]A flatulencia humana está composta de:
- Nitróxeno (inxerido, 70-85 %)
- Hidróxeno (producido por uns microbios e consumido por outros, 0-50 %)
- Dióxido de carbono (producido por microbios aerobios ou inxerido, 10-30 %)
- Metano (producido por microbios anaerobios, 0-10 %)
- Osíxeno (inxerido, 0-10 %).
Cheiro dunha flatulencia
[editar | editar a fonte]O intenso mal cheiro característico provén de trazas doutros constituíntes producidos pola ruptura de proteínas:
- Ácido butírico (cheiro a manteiga rancia).
- Compostos do xofre.
- Sulfuro de hidróxeno (cheiro a ovos podres).
- Disulfuro de carbono.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kurbel, S; Kurbel, B; Vcev, A (2006). "Intestinal gases and flatulence: possible causes of occurrence". Med Hypotheses 67 (2): 235–239. PMID 16574342.
- ↑ Azpiroz, F; Malagelada, JR (2005 Sep). "Abdominal bloating". Gastroenterology 129 (3): 1060–1078. PMID 16143143.
- ↑ R, León Barúa (2002 Jul-Sep). "Flatulence". Rev Gastroenterol Peru 22 (3): 234–242. PMID 12378218. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2022. Consultado o 25 de decembro de 2022.