Saltar ao contido

Flash

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A imaxe superior contén unha foto con flash débil. A de embaixo mostra unha foto con flash suficiente.

O Flash fotográfico é un dispositivo que actúa como fonte de luz artificial para iluminar escenas. Emprégase sobre todo cando a luz existente non é suficiente para tomar a instantánea cunha exposición determinada pero ten outros usos. O flash é unha fonte de luz intensa e dura que xeralmente abrangue pouco espazo e é transportable.

Existen varios tipos de flash:

  • O flash de lámpada que na actualidade caeu en desuso, sobre todo porque había que repoñela lámpada en cada uso.
  • O flash electrónico, que é instantáneo e debe estar ben sincronizado coa apertura do diafragma.
  • Flash estrobostópico (electrónico) ou múltiple: En vez de emitir un só feixe de luz, emite varios. Se o suxeito está sobre un fondo escuro e o suxeito se move, obteremos unha imaxe en movemento.
  • O flash por simpatía, emprégase nos estudos fotográficos. Consiste en que a utilización de varios flashs, que funcionan por “simpatía” (ó activarse un actívanse os demais).

O flash, polo seu curto alcance é menos útil canto máis lonxe está o suxeito. Os flashs máis potentes non pasan dos 15 metros.

Outro dos usos do flash é o chamado flash de recheo que serve para evitar, por exemplo, as sombras duras do sol do mediodía. Ten o inconveniente de que a imaxe pode quedar algo plana.

Os profesionais tamén usan outros dispositivos. Por exemplo os difusores para suavizar a luz dura do flash.

Outras fontes de luz artificial

[editar | editar a fonte]

As posibilidades da luz artificial son maiores cás da luz natural en fotografía: pódese controlar a intensidade, a dirección, que sexa intensa u oblicua etc. Amais do flash a iluminación artificial pódese conseguir mediante:

  • O Spot: un dispositivo que transmite un feixe de luz concentrada dura continuada (usada xeralmente para resaltar unha parte específica do modelo).
  • Lámpadas de luz difusa.