Fistulariidae
Fistulariidae | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fistularia commersonii | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Ver texto. |
Fistulariidae é unha pequena familia zoolóxica de peixes da orde Syngnathiformes, familia cun só xénero Fistularia, que se encontra no mundo en mares tropicais e subtropicais.[1] O seu nome procede do latín fistula = tubo,[2] pola forma do seu corpo.
Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Eoceno medio, durante o Terciario inferior.[3]
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Os exemplares posúen un corpo esaxeradamente alongado cunha media de 2 m de lonxitude e lixeiramente deprimido, parécense a moitas anguías, mais teñen aletas dorsais e anais ben distinguibles, unhas aletas caudais bifurcadas cuns raios concéntricos que forman un filamento alongado; a liña lateral está ben desenvolvida e esténdese polo filamento caudal.[1]
Hábitat e importancia pesqueira
[editar | editar a fonte]Vive xeralmente en augas abertas costeiras ou en arrecifes de coral, onde comen pequenos peixes, crustáceos e invertebrados.[1]
Posúe pouco interese para a pesca, mais pódese atopar en mercados mariñeiros tropicais.
Especies
[editar | editar a fonte]Existen só catro especies neste xénero e familia:[4]
- Xénero Fistularia.
- Fistularia commersonii (Rüppell, 1838)
- Fistularia corneta (Gilbert e Starks, 1904)
- Fistularia petimba (Lacepède, 1803)
- Fistularia tabacaria (Linnaeus, 1758)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Nelson, J.S. (1984). John Wiley & Sons, Inc., ed. Fishes of the world (en inglés) (2ª edición ed.). Nueva York. pp. 523 p.
- ↑ Romero, P. (2002). unpublished, ed. An etymological dictionary of taxonomy. Madrid.
- ↑ Berg, L.S. (1958). VEB Verlag der Wissenschaften, ed. System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische (en alemán). Berlín.
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Fistulariidae (TSN 166414)" (en inglés).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fistulariidae |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Fistulariidae |