Final Fantasy XIII
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
Final Fantasy XIII | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Square Enix |
Distribuidora(s) | Square Enix |
Director(es) | Motomu Toriyama |
Produtor(es) | Yoshinori Kitase |
Deseñador(es) | Takatsugu Nakazawa |
Programador(es) | Yoshiki Kashitani |
Escritor(es) | Daisuke Watanabe Motomu Toriyama |
Artista(s) | Isamu Kamikokuryo |
Compositor(es) | Masashi Hamauzu |
Motor | Crystal Tools |
Lanzamento | PlayStation 3, Xbox 360 (9 de marzo de 2010)< Microsoft Windows (9 de outubro de 2014) |
Xénero | Rol |
Modos de xogo | Un xogador / Multixogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | PlayStation 3, Xbox 360, Microsoft Windows |
Lingua/s | Voces en inglés e xaponés, textos en castelán |
Serie | Final Fantasy (principal) Fabula Nova Crystallis |
Na rede | |
https://eu.finalfantasy.com/titles/finalfantasy13 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Final Fantasy XIII (ファイナルファンタジーXIII Fainaru Fantajī Sātīn?) é un videoxogo producido por Square Enix, sendo a décimo terceira entrega da serie Final Fantasy. Saíu para a PlayStation 3 no Xapón o 17 de decembro de 2009 e en América do Norte e as rexións PAL o 9 de marzo de 2010 para PlayStation 3 e Xbox 360. Motomu Toriyama (director de Final Fantasy X-2) é o director deste xogo.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O argumento deste capítulo xira en torno á civilización do Niño (Cocoon na versión inglesa), unha sociedade que vive flotando por riba de Paals, considerado polos cidadáns coma o inframundo. O Niño foi formado por uns entes sobrenaturais cheos de poder chamados fal'Cie, dos que existen dous tipos: Os do propio Niño, encargados de defendelo, e os de Paals, inimigos do Niño.
Os fal'Cie ademais, ás veces, maldín aos humanos cos que entran en contacto, converténdoos en lu'Cie. Estes deberán cumprir unha misión para o fal'Cie, se non queren acabar por se converter nun monstro, e aínda que consigan levar a cabo a misión, o seu destino será converterse nun cristal para sempre, polo que se di que o lu'Cie está ben fodido.
A trama comeza cando o Sanctum, goberno oficial do Niño, realiza unha purga expulsando ós cidadáns de Bodhum, unha pequena cidade costeira do Niño, que estaba preto dun Vestixio de Paals, no interior do cal atopouse ó fal'Cie Ánima, a Paals, por estaren, supostamente contaminados polas influencias do inframundo. Entre o grupo de exiliados encontraranse os protagonistas da historia, que contemplarán impresionados como a purga torna nunha matanza civil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Brad Shoemaker & Dan Tochen (2006). "E3 06: Square Enix announces trio of Final Fantasy XIII games". Gamespot. Consultado o 8 de maio de 2006.