Filmes de Iraq propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Iraq presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 2005. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Até o ano 2023, Iraq presentou doce filmes ó Óscar ó mellor filme internacional, mais finalmente ningún deles foi nomeado.
Propostas
[editar | editar a fonte]A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Iraq para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Título orixinal | Lingua | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|---|
2005 (78ª) |
Marsiyeh barf | Marsiyeh barf | Kurdo | Jamil Rostami | Non nomeado |
2006 (79ª) |
Ahlaam | Ahlaam | Árabe | Mohamed Al-Daradji | Non nomeado |
2007 (80ª) |
Jani Gal | Jani Gal | Kurdo | Jamil Rostami | Non nomeado |
2010 (83ª) |
Son of Babylon[6] | ابن بابل | Árabe | Mohamed Al-Daradji | Non nomeado[7] |
2014 (87ª) |
Mardan[8] | Mardan | Kurdo | Batin Ghobadi | Non nomeado |
2015 (88ª) |
Bîranînen li ser kevirî[9] | Bîranînen li ser kevirî | Kurdo | Shawkat Amin Korki | Non nomeado |
2016 (89ª) |
El clásico[10] | ئێل کلاسیکۆ | Kurdo | Halkawt Mustafa | Non nomeado |
2017 (90ª) |
Reṣeba[11] | العاصفة السوداء | Árabe e kurdo | Hussein Hassan | Non nomeado |
2018 (91ª) |
The Journey[12] | الرحلة | Árabe | Mohamed Al-Daradji | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Europa[13] | أوروبا | Árabe, búlgaro e inglés | Haider Rashid | Non nomeado |
2022 (95ª) |
Ezimûn | ئەزموون | Kurdo | Shawkat Amin Korki | Non nomeado |
2023 (96ª) |
Janain mualaqa[14] | جنائن معلقة | Árabe | Ahmed Yassin Al Daradji | Non nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ Screendaily (ed.). "Son of Babylon selected as Iraq's entry for Oscar race". Consultado o 7 de xullo de 2010.
- ↑ oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". Consultado o 19 de xaneiro de 2011.
- ↑ Albawaba (ed.). "Iraqi film "Mardan" entered into Academy Awards foreign language film category". Consultado o 19 de outubro de 2014.
- ↑ Financial Tribune, ed. (3 de setembro de 2015). "Iraq's 'Memories on Stone' Oscar Entry". Consultado o 4 de setembro de 2015.
- ↑ Salazar, Francisco (5 de setembro de 2016). Latin Post, ed. "Oscar 2017 Predictions: 'El Clasico' to represent Iraq at the Academy Awards". Consultado o 5 de setembro de 2016.
- ↑ Pond, Steve (24 de agosto de 2017). The Wrap, ed. "'The Square,' 'In the Fade' Top First Batch of Oscar Foreign Language Contenders". Consultado o 25 de agosto de 2017.
- ↑ Vivarelli, Nick (12 de setembro de 2018). Variety, ed. "Iraq Picks Female Suicide Bomber Drama 'The Journey' as Its Oscar Candidate". Consultado o 12 de setembro de 2018.
- ↑ "Iraq Nominates 'Europe' for Academy Award 2022". Iraqi News Agency. 31 de outubro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2021. Consultado o 1 de novembro de 2021.
- ↑ ""Hanging Gardens" represents Iraq in the competition for "Oscars".". Dubai Week. 12 de setembro de 2023. Consultado o 13 de setembro de 2023.