Festuca
xénero Festuca | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración de Festuca ovina | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Festuca, as festucas[2], é un xénero de gramíneas (ou poáceas)[1] distribuídas nas rexións temperadas e en montañas de rexións tropicais. Comprende unhas 200 especies, moitas das cales considéranse excelentes forraxeiras e se cultivan para tal fin.
Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero Festuca inclúe a herbas perennes, con follas planas, convolutas ou conduplicadas e espículas dispostas en espigas.
As espículas son pauci- ou plurifloras, comprimidas lateralmente, con raquilla artellada por riba das glumas e entre os antecios. As glumas son lineal-lanceoladas ou lanceoladas, agudas, desiguais, sendo menor a gluma inferior. As lemmas son lanceoladas ou oblongo-lanceoladas, membranosas ou papiráceas, arredondadas no dorso, 5-nervadas, agudas, xeralmente arestadas no ápice. A lemma é bicarenada. As flores son hermafroditas ou ben, as superiores masculinas. Os estames son 1 a 3, os estilos son curtos con estigmas plumosos. O cariopse é oblongo ou lineal.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Aínda que en agricultura algunhas especies son consideradas malezas, pola súa gran capacidade de rexeneración e a súa resistencia a desaparecer, son un forraxe moi nutritivo para os herbívoros e se utilizan a estas especies para alimento da fauna salvaxe e o gado doméstico e en programas de control para evitar a erosión dos solos.
Son gramíneas achegadas a Lolium moi difundidas e capaces de se adaptar aos máis diversos tipos de solos e climas, moi resistentes ás pisadas, agresivas, invasivas e persistentes. Son plantas pioneiras que sobreviven onde moitas especies leñosas non son quen de facelo e constitúen nalgunhas áreas o único alimento dispoñíbel. Algunhas especies están adaptadas a solos áridos, calcarios, areentos, xesosos, salobres ou tóxicos, con exceso de aluminio, cobre, mercurio e outros metais. En zonas apropiadas forman pradarías mestas.
A súa distribución é mundial, agás na Antártida.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 73–76. 1753.[3] A especie tipo é: Festuca ovina L.
O nome do xénero deriva do latín e significa talo de palla, tamén o nome dunha herba má entre o orxo.
O número cromosómico básico do xénero é x = 7, con números cromosómicos somáticos de 2n = 14, 28, 35, 42, 56 e 70, xa que hai especies diploides e unha serie poliploide. Cromosomas relativamente "grandes".[1]
- Festuca amethystina L.
- Festuca ampla Hack.
- Festuca amplissima Rupr.
- Festuca apheles Keng
- Festuca arundinacea Schreb.
- Festuca baffinensis Polunin
- Festuca brevifolia R.Br.
- Festuca bromoides Michx.
- Festuca burgundiana Auquier & Kerguélen
- Festuca burnatii St.-Yves
- Festuca capillifolia Dufour
- Festuca californica Vasey
- Festuca clementei Boiss.
- Festuca confinis Vasey
- Festuca confusa Piper
- Festuca coromotensis B. Briceño
- Festuca dasyclada Hack.
- Festuca diandra Michx.
- Festuca dissitiflora Steud.
- Festuca dolichophylla J.Presl
- Festuca durandii Clauson
- Festuca earlei Rydb.
- Festuca elata Keng
- Festuca elegans Boiss.
- Festuca eskia Ramond ex DC.
- Festuca fuegiana Hook.
- Festuca glauca Vill.
- Festuca gracilenta Buckley
- Festuca gracillima Rothm.
- Festuca gigantea (L.) Vill.
- Festuca gypsophila Hack.
- Festuca hephaestophila Nees
- Festuca heterophylla Lam.
- Festuca howellii Hack.
- Festuca hystrix Boiss.
- Festuca idahoensis Elmer
- Festuca indigesta Boiss.
- Festuca ingrata Rydb.
- Festuca markgrafiae Veldkamp
- Festuca microstachys Nutt.
- Festuca microstachys Nutt.
- Festuca mirabilis Piper
- Festuca nervosa Hook.
- Festuca nevadensis (Hack.) Markgr.-Dann.
- Festuca occidentalis Hook.
- Festuca ovina L.
- Festuca pacifica Piper
- Festuca paniculata (L.) Schinz & Thell.
- Festuca pectinata Labill.
- Festuca plicata Hack.
- Festuca poaeoides Michx.
- Festuca potosiana Renvoize
- Festuca pratensis Hudson
- Festuca pseudotrichophylla Patzke
- Festuca purpurascens Hook.f.
- Festuca richardsonii Hook.
- Festuca rigida (L.) Link
- Festuca rubra L.
- Festuca rusbyi Hitchc.
- Festuca saximontana Rydb.
- Festuca scabrella Torr.
- Festuca scariosa (Lag.) Hackel
- Festuca sciurea Nutt.
- Festuca soraria Piper
- Festuca subbiflora Suksd.
- Festuca subulifolia Benth.
- Festuca suksdorfii Piper
- Festuca talamancensis Davidse
- Festuca tenella Willd.
- Festuca tenuifolia Sibth.
- Festuca texana Vasey
- Festuca trichophylla (Ducros ex Gaudin) K.Richt.
- Festuca triflora Desf.
- Festuca valentina (St.-Yves) Markgr.-Dann.
- Festuca vallicola Rydb.[4][5]
Híbridos interxenéricos
[editar | editar a fonte]Téñense descrito híbridos interxenéricos (notoxéneros) entre Festuca con Vulpia (× Festulpia Melderis ex Stace & R.Cotton), con Lolium (× Festulolium Ascher & Graebn.) e con Bromus (× Bromofestuca Prodan)[1][6]
Pragas e enfermidades
[editar | editar a fonte]Algunhas especies son parasitadas por fungos endófitos como Neotyphodium, Acremonium ou Claviceps, que se distribúen por toda a planta agás nas raíces e que produce substancias tóxicas alcaloides velenosas para o gado, que en cantidade elevada producen a morte, sendo tamén a causa de malpartos e anomalías físicas como peso baixo, malformacións ou ananismo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 (en inglés) Watson L, Dallwitz MJ. (2008). "The grass genera of the world: descriptions, illustrations, identification, and information retrieval; including synonyms, morphology, anatomy, physiology, phytochemistry, cytology, classification, pathogens, world and local distribution, and references". The Grass Genera of the World. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2015. Consultado o 2 de febreiro de 2010.
- ↑ Nome vulgar das especies do xénero en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; e Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
- ↑ "Festuca". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 15 de febreiro de 2013.
- ↑ Festuca en PlantList
- ↑ "Festuca". World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 30 de abril de 2014.
- ↑ Bull. Grad. Bot. UNIV. Cluj 16, 93 (1936)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festuca |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Festuca |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabrera, A. 1970. Festuca. En: Flora de la Provincia de Buenos Aires. Tomo IV, Parte II. Instituto Nacional de Tecnología Agropecuaria, Colección Científica. Bos Aires, Arxentina