Saltar ao contido

Ferrollo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferrollo de gancho.
Ferrollo de seguridade.

Un ferrollo[1] ou pasador[2] é unha barra cilíndrica de ferro que se emprega para pechar e axustar unha porta ou unha fiestra con marco, ou as contras das portas e das ventás.

Orixe histórica

[editar | editar a fonte]
Ferrollo antigo.
"Penélope subiu pola alta escaleira que levaba até o seu apousento e asiu con man firme a chave de bronce de suave curvatura e mango de marfil... Desatou a correa do anel, meteu a chave na pechadura e correu o ferrollo con decisión.

O modelo máis sinxelo de pasador, contemporáneo na China e Grecia, e que aínda hoxe se emprega, consistía nunha fendedura na porta para introducir por ela un carabullo curvo que eleva o ferrollo, así, metendo a súa punta polo burato a porta abríase ó correlo ou erguelo. Este arcaico sistema de seguridade foise perfeccionando engadíndolle ó ferrollo pancas de madeira, que o pechar se introducían en buratos.

Nos xacementos arqueolóxicos romanos é común atopar pasadores e chaves de ferro, aínda que a maioría deberon ser de madeira. A finais do século -I aparecen pechaduras máis complexas, con chaves e ferrollos metálicos nos que a chave levantaba as pancas e corría así o ferrollo. O seguinte paso na inventiva da seguridade foi un resorte de ferro que empurraba as pancas nos buratos manténdoas a presión dentro deles. Deste xeito, o ferrollo deu paso á pechadura.[3]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ferrollo.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pasador.
  3. VV.AA.: Los setenta grandes inventos y descubrimientos del mundo antiguo. Art Blume, S.L. 2005. pp. 88-90. ISBN 978-84-9801-064-0