Saltar ao contido

Ferrari 308 GTB/GTS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ferrari 308»)
Ferrari 308 GTB / GTS
Tipomodelo de automóbil Editar o valor en Wikidata
MatrizFiat
FabricanteFerrari Editar o valor en Wikidata
MarcaFerrari Editar o valor en Wikidata
DeseñoLeonardo Fioravanti de Pininfarina[1]
Produción1975 - 1985
MontaxeMaranello, Italia
Configuración
SegmentoAutomóbil deportivo
CarrozaríaBerlinetta (GTB)
Targa (GTS)
Dimensións
Lonxitude4.230 mm Editar o valor en Wikidata
Anchura1.720 mm Editar o valor en Wikidata
Altura1.120 mm Editar o valor en Wikidata
Distancia eixes2.340 mm Editar o valor en Wikidata
Pesocarrozaría de plástico (1975-1977): 1050 kg, carrozaría metal (1977-1985) : 1062 kg
Características técnicas
Motormotor de gasolina Editar o valor en Wikidata
Modelos relacionados
Commons ] Wikidata ]

O Ferrari 308 GTB Berlinetta e o 308 GTS targa son automóbiles deportivos de dúas prazas con motor V8 central fabricados pola empresa italiana Ferrari de 1975 a 1985. O 308 substituíu o Dino 246 GT e GTS en 1975 e foi actualizado como o 328 en 1985. Os semellantes 208 GTB e GTS foron equipados inicialmente cun motor atmosférico e posteriormente cun pequeno motor turbo de 2 litros. Vendeuse principalmente en Italia.

Especificacións

[editar | editar a fonte]

O 308 tiña un chasis tubular separado da carrozaría. Os 308 GTB / GTS e GT4 eran mecanicamente similares e tamén compartían moito co Dino orixinal. Ambos 308 tiñan o mesmo chasis; con todo, o GT4, ao ser un 2 2 , tiña unha maior distancia entre eixes.

O motor era un V8 cunha configuración de 90 graos, montado transversalmente con deseño DOHC, con catro carburadores Weber 40DCNF. As versións europeas producían 255 CV (190 kW) a 7 000 rpm (7 700 rpm redline), pero a versión americana reduciuse a 240 CV (178 kW) e a 6 600 rpm debido aos dispositivos de control de emisións. A suspensión era independente, con freos de discos. A dirección era sen axuda, piñón e cremalleira.

A carrozaría do 308 foi deseñada por Leonardo Fioravanti de Pininfarina, que fora responsable dalgunhas das formas máis célebres de Ferrari, ata a data, como o Daytona, o Dino e o Berlinetta Boxer. Utilizáronse elementos destes para crear o 308, algo moi en contraste co angular GT4.

Os modelos GTS contaban cun panel de teito desmontable con acabado de satén negro granulado, que podía ser agochado detrás dos asentos cando non estaba en uso.

Historia do modelo

[editar | editar a fonte]

308 GTB / GTS

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Ferrari 308 GTB.
Ferrari 308 GTB/GTS
Ferrari 308 GTBi/GTSi
Tipomodelo de automóbil Editar o valor en Wikidata
FabricanteFerrari Editar o valor en Wikidata
MarcaFerrari Editar o valor en Wikidata
DeseñoLeonardo Fioravanti Editar o valor en Wikidata
Produción1975–1980 (GTB)
1977–1980 (GTS)
1980–1983 (GTBi/GTSi)
Dimensións
Lonxitude4.230 mm Editar o valor en Wikidata
Anchura1.720 mm Editar o valor en Wikidata
Altura1.120 mm Editar o valor en Wikidata
Distancia eixes2.340 mm Editar o valor en Wikidata
Peso1090 kg (GTB)
1286 kg (GTBi)
Características técnicas
Motor2.9 L Tipo F106 AB V8 (GTB/GTS)
2.9 L Tipo F106 BB V8 (GTBi/GTSi)
Modelos relacionados
Commons ] Wikidata ]

O deseño de Pininfarina do Ferrari 308 GTB presentouse no Salón de París en 1975[2] como un complemento do deseño 2 2 de Bertone do Dino 308 GT4 e un substituto directo para o Dino 246 de dúas prazas.

Un aspecto notable dos primeiros 308 GTB foi que, aínda que seguían a construírse por Carrozzeria Scaglietti, a súa carrozaría era enteiramente de plástico reforzado con vidro (ou GRP), o que permitía un peso moi lixeiro de 1 050 kg. Isto durou ata xuño de 1977, cando o 308 cambiou á carrozaría de aceiro, o que resultou nun aumento de peso global de aproximadamente 150 kg. As rodas estándar eran de cinco raios de 14 polgadas de aliaxe. As pinas de 16 polgadas puxéronse a disposición máis tarde como unha opción, xunto cos sistema de escape deportivos, pistóns de alta compresión e a árbore de levas de gran elevación.

Traseira duns dos primeiros, GTS-escape único

No Frankfurt Motor Show de 1977 presentouse o 308 GTS Targa[3] Independentemente do mercado, todos os GTS utilizaban un motor de cárter húmido e montáronse con carrozaría de aceiro. Os modelos GTB europeos retiveron a lubricación por cárter seco ata 1981.

Fabricáronse 3219 GTS e 2897 GTB durante o período de produción 1975-1980. Só 808 dos primeiros fixéronse en fibra de vidro (vetroresina na versión italiana).[4]

Proba de rendemento do 308 GTB (GRP): peso (con 74 litros de combustible) 1 260 kg, aceleración 0–100 km/h 6,5 sg, 100–200 km/h 17,8 sg, velocidade máxima 256 km/h.

1981 Ferrari 308 GTSi, vista posterior

308 GTBi / GTSi

[editar | editar a fonte]

En 1980 engadiuse a inxección de combustible Bosch K-Jetronic no 308 GTBi e GTSi; as emisións diminuíron, á custa dunha perda de potencia de 214 PS (157 kW; 211 bhp) nos modelos europeos e 205 PS (151 kW; 202 bhp) nos modelos federalizados. O sistema de inxección de combustible Bosch axustouse a un sistema de acendido Marelli MED 803A Digiplex.[5] Por fóra o coche era idéntico aos 308 GTB / GTS, con excepción das rodas cun tamaño e deseño lixeiramente diferente. No interior o reloxo medidor de temperatura do aceite trasladouse á consola central; tamén presentaba un novo volante negro con tres raios perforados, e os asentos cun deseño diferente. Producíronse 494 GTBi e 1743 GTSi antes de que o modelo se substituíse polo 308 Quattrovalvole en 1982.[5][6]

308 quattrovalvole

[editar | editar a fonte]
Ferrari 308 GTB quattrovalvole
Tipomodelo de automóbil Editar o valor en Wikidata
FabricanteFerrari Editar o valor en Wikidata
MarcaFerrari Editar o valor en Wikidata
DeseñoLeonardo Fioravanti Editar o valor en Wikidata
Produción1982 - 1985
Dimensións
Lonxitude4.230 mm Editar o valor en Wikidata
Anchura1.720 mm Editar o valor en Wikidata
Altura1.120 mm Editar o valor en Wikidata
Distancia eixes2.340 mm Editar o valor en Wikidata
Peso1 275 kg (GTB QV), 1 286 kg (GTS QV)
Características técnicas
Motor2´9 L Tipo F105 AB V8
Modelos relacionados
Commons ] Wikidata ]

Dous anos máis tarde, no Salón de París de 1982, Ferrari presentou o 308 quattrovalvole, en forma GTB e GTS.[7] O principal cambio do 308 GTBi / GTSi foron as catro válvulas por cilindro (de aí o seu nome, quattrovalvole, literalmente "catro válvulas" en italiano), co cal logrou 240 CV, restaurando algo da perda de rendemento do coche debido ao control de emisións.

O novo modelo podería recoñecerse pola adición dun panel de láminas delgadas na tapa frontal para facilitar a saída de aire do radiador de escape, espellos eléctricos que levaban unha pequena insignia de Ferrari esmaltada, unha calandra redeseñada con faros rectangulares a cada lado e intermitentes rectangulares (en lugar de redondos) laterais. O interior tamén recibiu algúns cambios menores, como un volante negro satinado de tres raios co centro triangular; os centros de tecido dos asentos chegaron a estar dispoñibles como unha opción para os estándar completamente de coiro. Tamén estaba dispoñible a pintura metalizada, un alerón dianteiro máis baixo, aire acondicionado, rodas máis anchas, pinas de 16 polgadas Speedline con pneumáticos P7 Pirelli e un teito negro satinado de perfil aerodinámicoo (de serie nos modelos do mercado xaponés) incluído.

1985 Ferrari 308 GTS Catroválvulas

O 288 GTO presentado en 1984, é considerado como o primeiro Ferrari superdeportivo. O 288 tomou prestado gran parte do estilo do 308 GTB QV europeo do ano anterior, 1983: tamén era impulsado por un motor V8 de 2,8 litros pero con turbocompresor, que conservou as liñas da carrozaría xerais con pasos de roda estendidos, diferentes saídas de aire e un alerón traseiro máis grande, máis longo (cinco polgadas) de distancia entre eixes e o chasis tubular central.

En 1985 presentouse o Ferrari 328, que substituíu o Catroválvulas. Entre 1982 e 1985 producíronse 3042 unidades do moedelo GTS e só 748 unidades do GTB.[7][8]

208 GTB / GTS

[editar | editar a fonte]
Ferrari 208 GTB, Ferrari 208 GTS
Tipomodelo de automóbil Editar o valor en Wikidata
FabricanteFerrari Editar o valor en Wikidata
MarcaFerrari Editar o valor en Wikidata
DeseñoLeonardo Fioravanti Editar o valor en Wikidata
Produción1980 - 1981
Dimensións
Lonxitude4.230 mm Editar o valor en Wikidata
Anchura1.720 mm Editar o valor en Wikidata
Altura1.120 mm Editar o valor en Wikidata
Distancia eixes2.340 mm Editar o valor en Wikidata
Características técnicas
Motor2.0 L Tipo F106 CB 000 V8
Modelos relacionados
Commons ] Wikidata ]

En 1980 Ferrari presentou unha versión de dous litros do 308, o 208 GTB e 208 GTS. Aínda que principalmente para o mercado interior italiano, onde os novos coches con motores de máis de dous litros se someteron a un IVE moito maior, tamén foron presentados en Nova Zelandia. O 208 GTB / GTS substituíu o 208 GT4 2 2. Considerábase como o Ferrari máis lento que xamais se fixera, pero foi superado polo 208 GT4 Bertone segundo a revista estadounidense Motor Trend en 1980.

O motor era un aburrido 68,8 mm para un desprazamento total de 1 990.64 cc,[9] o que resulta nun dos motores V8 máis pequenos xamais producidos. Tiña catro carburadores Weber 34 DCNF; o V8 producía 155 PS (114 kW; 153 bhp) a 6 800 rpm.[10] Producíronse 160 208 GTS e 140 208 GTB GTB en 1980 e 1981.[10][11]

208 GTB / GTS Turbo

[editar | editar a fonte]
Ferrari 208 GTB Turbo, Ferrari 208 GTS Turbo
Tipomodelo de automóbil Editar o valor en Wikidata
FabricanteFerrari Editar o valor en Wikidata
MarcaFerrari Editar o valor en Wikidata
DeseñoLeonardo Fioravanti Editar o valor en Wikidata
Produción1982 - 1985
Dimensións
Lonxitude4.230 mm Editar o valor en Wikidata
Anchura1.720 mm Editar o valor en Wikidata
Altura1.120 mm Editar o valor en Wikidata
Distancia eixes2.340 mm Editar o valor en Wikidata
Características técnicas
Motor2.0 L Tipo F106 D 000 turbo V8
Modelos relacionados
Commons ] Wikidata ]

En 1982 os 208 dous litros foi sucedido por unha versión turbo e con combustible inxectado, o 208 GTS Turbo presentado no Salón de Turín.[12] foi o primeiro coche Ferrari turbo de estrada.

A indución forzada aumentou a potencia a 220 PS (162 kW; 217 bhp) a 7 000 rpm. Unha versión GTS presentouse un ano máis tarde, en 1983.

208 GTB Turbo, vista posterior

Tanto fóra como dentro, o 208 Turbo era case idéntico ao contemporáneo 308 Quattrovalvole. Podía recoñecerse polo conduto NACA diante das aberturas das rodas traseiras e o indicativo "turbo" na cola e os tubos de escape envoltos. O alerón dianteiro baixo adoitaba ser opcional, mentres que o alerón negro do teito era estándar.

A produción terminou en 1985 logo de producir 437 GTB turbo e 250 GTS turbo.[12][13] En 1986 foron substituídos polo 328 GTB / GTS Turbo intercooler.

  1. "Designer". ajovalo.net. Consultado o 8 de febreiro de 2012. 
  2. "308 GTB". Ferrari official website, past models. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  3. "308 GTS". Ferrari official website, past models. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  4. Ahlgrim, Steve (September 2012). "1976 Ferrari 308 GTB Vetroresina". Sports Car Market 24 (9): 58–59. 
  5. 5,0 5,1 "308 GTBi". Ferrari official website, past models. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  6. "308 GTSi". Ferrari official website, past models. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  7. 7,0 7,1 "308 GTB Quattrovalvole". Ferrari official website, past models. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  8. "308 GTS Quattrovalvole". Ferrari official website, past models. Consultado o 4 February 2015. 
  9. "Ferrari 208 gtb". Ferrari GT - en-EN. Consultado o 2016-02-03. 
  10. 10,0 10,1 "208 GTB". Ferrari official website, past models. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  11. "208 GTS". Ferrari official website, past models. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  12. 12,0 12,1 "208 GTB Turbo". Ferrari official website, past models. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  13. "208 GTS Turbo". Ferrari official website, past models. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Páxina oficial