Saltar ao contido

Fernando Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Vázquez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
O Pino, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Sociedad Deportiva Negreira
Casino Sociedade Deportiva Arzúa
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1987–1991   Club Deportivo Lalín
1991–1994   Racing de Ferrol
1994–1995   CD Lugo
1995–1998   SD Compostela
1998–1999   Real Oviedo
1999–2000   RCD Mallorca
2000–2001   Real Betis Balompié
2001–2002   UD Las Palmas Atlético
2002–2003   Rayo Vallecano
2003–2004   Real Valladolid
2004–2007   Celta de Vigo
2005–2008   Galicia
2013–2014   Deportivo da Coruña
2016–2016   RCD Mallorca
2019–2021   Deportivo da Coruña Editar o valor en Wikidata

Fernando Vázquez Pena, nado en Castrofeito (O Pino) o 24 de outubro de 1954, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego. O último equipo que adestrou foi o Deportivo da Coruña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de familia numerosa, foi a el a quen lle tocou estudar, e así foi como acabou de mestre de inglés en Arzúa. Unha vez alí, comezou a colaborar moi activamente nas escolas deportivas de fútbol. Xogou no Sporting Lampón de Boiro a finais dos anos 70 e máis tarde no Loxo, en Touro, onde actuou como xogador-adestrador.[1][2]

En 1987 sacou o curso de adestrador nacional en Getxo, sendo o número 1 da súa promoción, na que se encontraba entre outros Vicente del Bosque.[3][4] Dende ese mesmo ano e ata 1991 foi adestrador do CD Lalín en Terceira División, con quen logrou dous ascensos a Segunda División B, nas campañas 1986–87 (despois de quedar terceiro) e 1990–91 (quedando como campión o ano despois de descender).

Na tempada 1991–92 foi contratado polo Racing de Ferrol, en Terceira División. Ese mesmo ano logrou o campionato e o ascenso a Segunda División B. Na tempada 1992–93 logrou un posto medio na táboa, quedando 12º clasificado. Na campaña 1993–94, a súa derradeira no Racing, o equipo alcanzou o 13º posto.

Na tempada 1994–95 adestrou o CD Lugo en Segunda División B, quedando no 11º posto da clasificación e alcanzando a terceira rolda da Copa do Rei.

Na tempada 1995–96 firmou pola SD Compostela, no seu debut en Primeira División. Co equipo santiagués logrou unha goleada fronte ao Deportivo da Coruña (4–0), fronte ao Real Oviedo (4–1) e importantes vitorias como fronte ao FC Barcelona (2–1) ou un empate contra o Real Madrid (3–3). Ese mesmo ano logrou o subcampionato de inverno, quedando ao final da campaña no 10º posto. Na tempada 1996–97 o equipo quedou nunha posición similar, logrando o 11º posto da clasificación. Na tempada 1997–98 presentou a súa dimisión tras a xornada 27, dicindo sentirse "premido".[5] O seu substituto foi Gabriel Leis, que non logrou salvar o equipo do descenso.

Na tempada 1998–99 fíxose cargo do Real Oviedo, con quen logrou quedar 14º na clasificación.

Na tempada 1999–00 foi contratado polo RCD Mallorca na segunda xornada, en substitución de Mario Gómez. Co equipo balear logrou un posto na media táboa, quedando 10º clasificado.

Na tempada 2000–01 firmou polo Real Betis co obxctivo de ascender a Primeira División. Na xornada 29 foi cesado debido ás dúbidas no xogo do equipo andaluz, que levaba varios partidos sen gañar. Foi substituído por Luis del Sol, que logrou o ascenso.

Na tempada 2001–02 foi contratado polo UD Las Palmas, equipo co que descendeu a Segunda División ao final da campaña, quedando a 2 puntos da salvación.

Na tempada 2002–03 firmou polo Rayo Vallecano, sendo cesado logo de 18 xornadas. O seu substituto foi José Luis Martín, nunha campaña na que o equipo madrileño tivo catro adestradores, descendendo a Segunda División como último clasificado.

Na tempada 2003–04 foi contratado polo Real Valladolid, que o cesou na xornada 34 debido aos malos resultados, sendo substituído por Antonio Sánchez Santos. Finalmente o equipo descendeu a Segunda División.

Na tempada 2004–05 fichou polo Celta de Vigo, co que logrou o ascenso a Primeira División logo de quedar segundo clasificado. Na tempada 2005–06 o equipo celeste quedou en sexto lugar, clasificándose para a Copa da UEFA. Na tempada 2006–07 foi destituído na xornada 29 debido aos malos resultados, sendo o seu substituto Hristo Stoichkov. Finalmente o Celta descendeu.

Entre 2005 e 2008 adestrou, xunto con Arsenio Iglesias, a selección galega.

Deportivo

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2012–13 foi contratado polo Deportivo da Coruña, substituíndo trala xornada 23 ao técnico luso Domingos Paciência, que á súa vez substituíra a José Luis Oltra.[6] Estreouse con derrota fronte ao Sevilla FC a domicilio (3–1) e Real Madrid en Riazor (1–2), obtendo a continuación unha serie de bos resultados que sacaron momentaneamente ao equipo coruñés do descenso. De cara ao final de liga, unha serie de derrotas nos derradeiros partidos condenaron ao Deportivo á Segunda División (quedando a dous puntos da salvación e mesmo chegando salvado na derradeira xornada). Non obstante, o seu bo facer co equipo provocou que, unha vez finalizada a campaña, fora renovado por dúas tempadas, cunha máis se o equipo estivera en Primeira División.[7]

Na tempada 2013–14 de volta á Segunda División, o equipo de Vázquez comeza logrando bos resultados como visitante pero con problemas nos seus partidos como local, aínda que mellora e consegue ser campión de invierno. Finalmente, consegue o ascenso matemático á máxima categoría o 31 de maio de 2014, ao gañar por 1-0 ao Real Jaén na penúltima xornada.

O 8 de xullo de 2014 foi destituído, logo dunhas polémicas declaracións sobre a política de fichaxes. O club alegou "falta de confianza" no adestrador.[8]

O 18 de xaneiro de 2016 foi anunciado como adestrador do RCD Mallorca, en Segunda División, en substitución de Pepe Gálvez.[9][10]

O 6 de decembro de 2016 foi destituído debido aos malos resultados.[11] O seu substituto foi Javier Olaizola.[12]

Deportivo (2.ª etapa)

[editar | editar a fonte]

O 29 de decembro de 2019 iniciou a súa segunda etapa no Deportivo da Coruña,[13] substituíndo a Luis César Sampedro (que á súa vez substituíra a Juan Antonio Anquela), e collendo o equipo na última posición da táboa a 9 puntos da permanencia en Segunda División.[14] Comezou o seu novo paso polo Deportivo con seis vitorias nos seis primeiros partidos, que serviron para sacar ao equipo dos postos de descenso e catapultalo ata a 14ª posición.[15] Con todo, un mal final de tempada, con tres derrotas nos últimos catro partidos, fixo que o equipo acabase por descender á Segunda División B catro décadas despois.[16] O balance dende a súa chegada foi de 10 vitorias, 6 empates e 5 derrotas.

Comezou a tempada 2020/21 vendo os partidos dende a bancada por mor dos 9 partidos de sanción que arrastraba dende a campaña anterior, cando acumulara tres castigos por protestas ao árbitro e por dar instrucións dende a bancada estando xa sancionado.[17] O equipo mantívose invicto durante as sete primeiras xornadas, ocupando a primeira posición da táboa, pero dúas derrotas nos dous seguintes partidos, contra Celta B e Zamora, así como o pobre xogo do equipo provocou a súa destitución o 11 de xaneiro de 2021.[18]

  1. "Gravemente herido en un encontronazo con su portero". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 21 de novembro de 1978. p. 35. 
  2. Land Rober Tunai Show (5 de outubro de 2020). Fernando Vázquez estréase en TikTok (Youtube). 
  3. "Personas". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de agosto de 1987. p. 39. 
  4. "Vicente del Bosque, a Fernando Vázquez: "El fútbol no es para sufrir"" (en castelán). 25 de setembro de 2020. Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  5. "Vázquez dice "basta" y presenta la dimisión"
  6. "Fernando Vázquez, novo adestrador do Deportivo" Arquivado 03 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine., artigo na web da TVG, 11 de febreiro de 2013.
  7. "Fernando Vázquez será presentado el lunes en Riazor"
  8. RTVE.es, ed. (8 de xullo de 2014). "O Deportivo despide a Fernando Vázquez por "falta de confianza"". 
  9. "El Real Mallorca destituye a Pepe Gálvez". Última Hora. 18 de xaneiro de 2016.  (en castelán)
  10. "El Mallorca ficha a Fernando Vázquez como nuevo entrenador". Sport. 18 de xaneiro de 2016.  (en castelán)
  11. "Fernando Vázquez deja de ser entrenador del Real Mallorca". RCD Mallorca. 6 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2016. Consultado o 07 de decembro de 2016.  (en castelán)
  12. "Javier Olaizola sustituye a Fernando Vázquez en el Mallorca". La Liga. 6 de decembro de 2016.  (en castelán)
  13. "Fernando Vázquez volve ser adestrador do Deportivo". 29 de decembro de 2019. Consultado o 30 de decembro de 2019. 
  14. "Fernando Vázquez xa é adestrador do Deportivo". La Voz de Galicia. 29 de decembro de 2019. Consultado o 30 de decembro de 2019. 
  15. Barreiros, Pedro (1 de febreiro de 2020). "Un Deportivo imparable logra su sexta victoria consecutiva ante el Las Palmas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  16. Pena, Héctor (20 de xullo de 2020). "O Deportivo descende a Segunda B e o Lugo salva a categoría". Nós Diario. Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  17. "Vuelve al banquillo: Fernando Vázquez concluye su sanción de cinco meses" (en castelán). 17 de novembro de 2020. Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  18. "O Deportivo rescinde o contrato de Fernando Vázquez". 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]