Saltar ao contido

Fernando Balsa Antón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Balsa Antón
Biografía
Nacemento1880 Editar o valor en Wikidata
Mugardos, España Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 1950 Editar o valor en Wikidata (69/79 anos)
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAndrés Balsa Editar o valor en Wikidata

Fernando Balsa Antón, nado en Mugardos cara a 1880 e finado nos anos cincuenta, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Irmán de Andrés Balsa Antón. Axente comercial, foi fundador e presidente da Federación de Axentes de Comercio e Industria da Coruña (UGT). Pertenceu á loxa Renacimiento Masónico da Coruña. Foi correspondente de El Pueblo Gallego en Sada.[1] Foi un dos membros da comisión promotora do periódico Adelante en 1930. Foi presidente da Agrupación Socialista da Coruña en 1932 e secretario de actas en xaneiro de 1936. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido. En abril de 1936 foi elixido compromisario do PSOE pola Coruña para a elección do novo Presidente da República (Manuel Azaña); a finais dese mes foi nomeado delegado do gobernador civil no partido xudicial de Pontedeume.[2]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 6 de agosto, sendo posto en liberdade e autorizado a embarcar con rumbo á Habana o 8 dese mes. O Tribunal Especial de Represión da Masonería e o Comunismo procesouno en rebeldía, condenándoo a 12 anos de reclusión.[3] Exiliado nos Estados Unidos de América, regresou a España en 1950. Finou nos anos cincuenta.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Amparo Casal Franco e foi pai de Fernando Balsa Casal.[4]