Saltar ao contido

Ferenc Szusza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFerenc Szusza

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(hu) Szusza Ferenc Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Morte1 de agosto de 2006 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMegyeri Cemetery (en) Traducir, 19-9-19/20 Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaHungría Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Betis Balompié
1941–1960 Újpest FC 462(393)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1942–1956   Hungría 24(18)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Betis Balompié Editar o valor en Wikidata

Ferenc Szusza, nado en Budapest o 1 de decembro de 1923 e finado na mesma cidade o 1 de agosto de 2006, foi un futbolista e adestrador húngaro. Dianteiro histórico do Újpest, militou nese club durante 21 anos, marcando 393 goles. Considerado un dos mellores xogadores húngaros da historia, foi 24 veces internacional, marcando 18 goles, e formou parte da selección húngara coñecida como a dos "Maxiares máxicos" ou "Equipo de ouro". Como adestrador destacou en Hungría e Polonia, gañando varios títulos, e adestrou tamén en España, onde dirixiu o Betis e o Atlético de Madrid. O estadio do Újpesti Dózsa leva o seu nome.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Desenvolveu toda a súa carreira como futbolista no Újpest Dózsa, no que xogou durante 21 anos, entre 1940 e 1961, converténdose nun dos maiores símbolos da historia do club. Gañou catro ligas húngaras co club de Budapest, a primeira delas en 1945 e a última en 1960.

Szusza aparece nas listas da IFFHS como o sexto xogador con máis goles nunha mesma liga, con 393 tantos en 462 partidos, só superado por Lionel Messi, Pelé, Josef Bican, Imre Schlosser e Jimmy McGrory.[1]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Debutou coa selección de Hungría o 14 de xuño de 1942 nun partido contra Croacia que rematou con empate. Formou parte da chamada selección dos "Maxiares máxicos" ou "Equipo de ouro". xunto a outros xogadores como Kocsis, Puskás ou Czibor. Proclamouse campión da Copa dos Balcáns en 1947.

En total, e ata 1956, xogou un total de 24 partidos internacionais, marcando 18 goles.[2]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Finalizada a súa carreira como xogador, non se desvencellou do fútbol, e pouco despois, en 1962, comezou a súa etapa como adestrador. A súa primeira experiencia nos bancos foi no Győri ETO FC, na cidade de Győr. Despois de só dúas tempadas, nas que conseguiu gañar unha liga, regresou a Budapest para dirixir durante dous anos o seu equipo de toda a vida, o Újpest Dózsa.

En 1966 comezou unha segunda etapa no Győri ETO FC, na que conseguiu dous títulos da Copa de Hungría. Tras un breve paso polo Egri Dózsa, marchou a Polonia, dirixindo na tempada 1970/71 o Górnik Zabrze, club co que conseguiu ese ano a Liga e a Copa de Polonia.

En 1971 deu o salto á liga española, fichando polo Real Betis. Sufriu un descenso a Segunda División na tempada 1972/73, conseguindo ascender de novo á Primeira División na tempada seguinte, como campión de Segunda. Foi adestrador do club andaluz ata 1976, cando as autoridades húngaras puxeron trabas á súa permanencia en España e viuse obrigado a regresar ao seu país.[3]

Malia as dificultades, regresou a España dous anos despois, cando foi contratado polo Atlético de Madrid trala destitución de Héctor Núñez poucas xornadas despois do comezo da tempada 1978/79. Conseguiu endereitar o rumbo do equipo e acabou terceiro, só por detrás do Real Madrid e o Sporting de Gijón.

A súa última campaña no banco volveu ser no Újpest Dózsa, que dirixiu na tempada 1980/81.[4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2001 deu nome ao estadio onde o club disputa os seus partidos, o Estadio Ferenc Szusza.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]
Újpest Dózsa
Selección de Hungría

Como adestrador

[editar | editar a fonte]
Győri ETO FC
Górnik Zabrze
Betis
  1. "NEW ONE LEAGUE WORLD GOAL SCORER RECORD FOR LIONEL MESSI !". IFFHS (en inglés). 23 de abril de 2021. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  2. "Hungary - Record International Players". rsssf.com (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  3. "La vuelta de Ferenc Szusza" (en castelán). 9 de febreiro de 2020. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  4. Pérez Torres, Laura (4 de agosto de 2006). "Ferenc Szusza, legendario futbolista húngaro". El Mundo (en castelán). Consultado o 8 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]