Ferenc Gyurcsány
Nome orixinal | (hu) Gyurcsány Ferenc |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de xuño de 1961 (63 anos) Pápa, Hungría (pt) |
Membro da Asemblea Nacional de Hungría | |
8 de maio de 2018 – sen valor Circunscrición electoral: sen valor | |
Membro da Asemblea Nacional de Hungría | |
24 de outubro de 2011 – 7 de maio de 2018 Circunscrición electoral: sen valor | |
Membro da Asemblea Nacional de Hungría | |
16 de maio de 2006 – 23 de outubro de 2011 Circunscrición electoral: sen valor | |
Primeiro ministro de Hungría | |
29 de setembro de 2004 – 14 de abril de 2009 ← Péter Medgyessy – Gordon Bajnai ⊟ | |
Minister of Youth and Sports Affairs in Hungary (en) | |
18 de maio de 2003 – 27 de setembro de 2004 ← György Jánosi (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Pécs (1979–1990) Türr István Gimnázium és Kollégium (en) (1978–1979) ELTE Apáczai Csere János Gyakorló Gimnázium és Kollégium (1975–1978) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Budapest |
Ocupación | político, economista, pedagogo |
Partido político | Coligação Democrática (Hungria) (pt) (2011–) Partido Socialista Húngaro (pt) (2000–2011) Partido Socialista Operário Húngaro (pt) (1982–1989) |
Familia | |
Cónxuxe | Klára Dobrev (1994–) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Lentapedia Obálky knih, |
Ferenc Gyurcsány (pronunciado Yurchañ) é un político que foi Primeiro Ministro de Hungría dende o 29 de setembro de 2004 até o 14 de abril do 2009, e membro do MSzP (Partido Socialista de Hungría).
Biografía
[editar | editar a fonte]Carreira Política
[editar | editar a fonte]Gyurcsány naceu o 4 de xuño de 1961 en Pápa, na provincia occidental de Veszprém. En 1984 acabou os seus estudos de Maxisterio e comeza os de Economía na Universidade Janus Pannonius en Pécs, diplomándose en 1990.
Ferenc Gyurcsány comeza a súa carreira política nas xuventudes comunistas do KISZ (Kommunista Ifjúsági Szövetség) antes de converterse en vicepresidente da DEMISz (Demokratikus Ifjúsági Szövetség), a Asociación de Mozos Demócratas de Hungría que é sucesora do KISZ.
A partir da instauración da democracia en Hungría en 1990, Gyurcsány lánzase ao comercio e funda varias empresas prósperas como ALTUS que lle permiten converterse na quincuaxésima persoa máis rica do país en 1992.
Retorna á política no ano 2002 como conselleiro estratéxico de Péter Medgyessy, xefe do MSzP, primeiro partido da oposición, antigo primeiro ministro. Tras o retorno ao poder dos antigos comunistas reconvertidos o 21 de abril de 2002, Gyurcsány obtén o posto de ministro da Xuventude, dos Deportes e da Infancia. En 2004 convértese en presidente do MSzP para a rexión occidental de Győr-Moson-Sopron en xaneiro de 2004.
Primeiro Ministro de Hungría
[editar | editar a fonte]No verán de 2004, Gyurcsány oculta cada vez menos a súa ambición de alcanzar o posto de primeiro ministro e Medgyessy, tentando mostrar a súa autoridade, faille dimitir das súas funcións. En menos dunha semana, o primeiro ministro perde a confianza dun dos seus socios de gobernos gobernamentais e vese forzado a dimitir. Gyurcsány é elixido pola coalición para converterse en primeiro ministro interino o 25 de agosto e investido o 29 de setembro.
O 21 de marzo de 2009 anuncia a iniciativa dunha moción de censura construtiva contra a súa persoa e - conforme coa Constitución de Hungría - contra o seu goberno nun Congreso do MSzp celebrado en Budapest. O 14 de abril do 2009 a moción de censura foi aprobada polo Parlamento e Gyurcsány foi substituído no cargo de Primeiro Ministro polo seu Ministro de Economía Gordon Bajnai (un dos seus homes de confianza).
Ferenc Gyurcsány está casado con Klára Dobrev e ten catro fillos: Péter (n. en 1988), Bálint (1990), Anna (1996) e Tamás (1997).
Ligazón externa
[editar | editar a fonte]- Biografía en español por Fundación CIDOB Arquivado 28 de agosto de 2010 en Wayback Machine.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ferenc Gyurcsány |
Predecesor: Péter Medgyessy |
Primeiro Ministro de Hungría 2004 - 2009 |
Sucesor: Gordon Bajnai |