Saltar ao contido

Fento negro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fento negro
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
Superdivisión: Monilophyta
División: Polypodiopsida
Orde: Polypodiales
Familia: Aspleniaceae
Xénero: Asplenium
Especie: 'A. adiantum-nigrum'
Nome binomial
'Asplenium adiantum-nigrum'
L. 1753

O fento negro (Asplenium adiantum-nigrum L. 1753) é un fento da familia botánica Aspleniaceae. Aparece en Galiza.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É un fento que acada os 10 a 30 cm de altura, ten un talo escamoso (en realidade é un rizoma curto) con follas triangulares, bi ou tri-pinnadas. Estas follas, teñen de 3 a 15 cm de longo e 2,5 a 7,5 cm de largo, con pinnas dentadas, nacen dun longo pecíolo de brillante cor marrón-negra, polo menos, na base.

Os soros están protexidos por un indusium alongado, producen as esporas, entre abril e outubro, o seu xeito de propagación é polo vento. Reprodúcese tamén asexualmente, a través do rizoma.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

A miúdo atopámolo nos bordos de camiños, sebes, veigas, ou en muros vellos.

En Europa é considerada unha das plantas propias da asociación vexetal Androsacion vandellii P., Asarinion procumbentes, é dicir, propia de rochas silíceas das montañas. Nos Estados Unidos de América atópase frecuentemente nos bosques de Pinus ponderosa ou en matogueiras de montaña, polo xeral por riba dos 1.500 m de altitude.

Indicacións: é pectoral. Úsanse as follas.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Asplenium adiantum-nigrum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1081. 1753.[2]

Etimoloxía

O nome científico do xénero Asplenium fai referencia ao uso terapéutico que se daba a estas plantas durante a Idade Media para sandar doenzas ligadas co bazo (exceso de bile negra). Así, Asplenium sería unha adaptación ao latín do grego "splen" (bazo).

adiantum-nigrum: epíteto que significa coma o "Adiantum negro".

Fronde con soros.
Citoloxía

Número de cromosomas de Asplenium adiantum-nigrum (Fam. Aspleniaceae) e táxones infraespecíficos: n=72[3]

Variedades
Sinonimia
  1. "Asplenium ruta-muraria". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 30 de outubro de 2009. 
  2. "Fento negro". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 22 de setembro de 2012. 
  3. Asplenium x ticinense D.E. Meyer en el sector guadarrámico de Madrid. Cubas, P., E. Pangua & J. A. Rosselló (1990) Anales Jard. Bot. Madrid 47(1): 236-239
  4. Sinónimos en Flora de Norteamérica (en inglés).
  5. "Fento negro en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2012. Consultado o 08 de maio de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. Cronquist, A. J., A. H. Holmgren, N. H. Holmgren & Reveal. 1972. Vascular Plants of the Intermountain West, U.S.A. 1: 1–271. In A. J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., Nova York.
  2. Flora of China Editorial Committee. 1988-2013. Fl. China Unpaginated. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  3. Flora of North America Editorial Committee, e. 1993. Pteridophytes and Gymnosperms. 2: i–xvi, 1–475. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
  4. Lellinger, D. B. 1985. A Field Manual of the Ferns and Fern Allies of the United States and Canada. 389 pp.
  5. Li, H., T. Liu, T. Huang, T. Koyama & C. E. DeVol. 1979. Vascular Plants. Volume 6: 665 pp. In Fl. Taiwan. Epoch Publishing Co., Ltd., Taipei.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]