Felipe Senén López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de marzo de 1948 (76 anos) O Carballiño, España |
Actividade | |
Ocupación | arqueólogo, museólogo |
Membro de | |
Felipe Senén López Gómez, ás veces coñecido unicamente polos seus nomes propios Felipe Senén, nado no Carballiño o 10 de marzo de 1948, é un arqueólogo galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo os seus primeiros estudos no Carballiño e no Instituto de Ourense, onde traballou como colaborador do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, dirixido entón por Xesús Ferro Couselo. Estudou Filosofía e Letras, especialidade de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela,[2] ao tempo que facía prácticas de museoloxía e arqueoloxía co historiador Manuel Chamoso Lamas, así como na creación, instalación e posta en funcionamento do Museo das Peregrinacións, e do Museo do Ribeiro; participou igualmente como supervisor de campo nas prospeccións arqueolóxicas do Castro de Viladonga (Castro de Rei) e mais nas da ermida de San Guillermo de Fisterra. En 1975 pasou a reorganizar aspectos no Museo Arqueolóxico da Coruña, localizado no Castelo de Santo Antón, e chegou a ser nomeado director-conservador. No 1996 pasou á Deputación da Coruña como Técnico de Xestión Cultural.[3] É Numerario e Secretario do Instituto Xosé Cornide de Estudos Coruñeses.
Foi fundador da asociación cultural Avantar do Carballiño, da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña e da revista de pedagoxía O Ensino, coas que colaborou con artigos de divulgación e sensibilización sobre o patrimonio cultural de Galicia. É o creador e animador de Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña, inspiradora e base de Amigos dos Museos de Galicia. Preocupado pola linguaxe simbólica na tradición galega, así como pola posta en valor do patrimonio etnográfico e arqueolóxico, ten participado en múltiples publicacións, artigos nos medios de comunicación de Galicia, folletos, guías, programas de radio, TV, prólogos etc. É autor de varios libros, especialmente sobre cuestións en relación coa identidade cultural e recursos turísticos.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Arte popular en Galicia (1982). Sílex. ISBN 978-84-85041-64-0.
- Museos de La Coruña (1989). Everest. ISBN 978-84-241-4934-5.
- Roteiros de Compostela: Galicia-Portugal (1993). A Coruña: Equinoccio. ISBN 84-604-6732-5.
- San Xoán: coñecemento do medio cultural galego (1996). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-87674-83-6. 24 diapositivas.
- Festas parroquiais (1996). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-87674-86-0. 24 diapositivas.
- Magosto (1996). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 9788487674846. 24 diapositivas.
- Maios (1996). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 9788487674822. 24 diapositivas.
- Nadal (1996). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 9788487674853. 24 diapositivas.
- Festas populares de Galicia, colección de libros con diapositivas (1997). A Coruña: Baía Edicións.
- Prehistoria e historia dos primeiros galegos (1999). Lea. ISBN 978-84-89947-38-2.
- A Paixón e a Semana Santa en Galicia: coñecemento do medio cultural galego (2002). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-89803-96-X. 24 diapositivas.
- Os primeiros galegos: prehistoria e arqueoloxía de Galicia (2003). Lea. ISBN 9788489947382.
- Xaquín Lorenzo Fernández 1907-1989): unha vida para a cultura dun pobo (2004). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-57-1
- Andando a terra con Manuel María (2005). Concello de Santiago de Compostela.
- A auga e as fontes en Galiza (2010). Deputación de Ourense. 90 páxs. ISBN 9788492554096.
- Galicia: festas, feiras e romarías (2010). Turgalicia.[4]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Historia de Galicia, 1979, AN-PG.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Asociación Cultural Xermolos.
- Historia de Galicia, 1992, A Nosa Terra.
- Xesús Ferro Couselo: a búsqueda da identidade e o encontro cos devanceiros, 1996, Espiral Maior. Con Carlos Díaz Martínez.
- Instantes dunha vida: Manuel Murguía, Día das Letras Galegas, Arteixo 2000, un nome, un pobo, unha data (2000, Concello de Arteixo). Con Henrique Rabuñal e Xosé Ramón Barreiro.
- Camiños de luz, 2002, Deputación da Coruña.
- A memoria do Carballiño, 2003, Xerais. Con Carlos Díaz Martínez.
- O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza, 2005, Baía Edicións.
- Amigos dos Museos de Galicia, 2007, Amigos dos Museos de Galicia.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Terra e mar: cesteiros na Ría de Vigo, 2008, Fundación Museo do Mar de Galicia.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- O Carballiño 1869-1979: álbum fotográfico da vila do Arenteiro, 2010, Deputación de Ourense.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2010: Chairego de Honra (Irmandade Manuel María, Vilalba).
- 2014: Navalla de Manuel María (Irmandade Manuel María, Outeiro de Rei).
- 2014: Bo e Xeneroso (Fundación Eduardo Pondal, Ponteceso).
- 2016: Premio Arenteira (Hotel Arenteiro, O Carballiño).
- 2017: Medalla do Filandón do Courel.
- 2023: XXVII Premio Lois Peña Novo.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Felipe-Senén López Gómez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-05-26.
- ↑ "López Gómez, Felipe Senén". www.tebeosfera.com (en castelán). Consultado o 2023-05-26.
- ↑ 3,0 3,1 "Felipe Senén -". www.felipesenen.gal. Consultado o 2023-05-26.
- ↑ "Galicia Fiestas, Ferias y Romerías - PDF Descargar libre". docplayer.es. Consultado o 2023-05-26.
- ↑ Belén López Rodríguez (2023-05-25). "GCiencia, Rosa Castro e Felipe Senén López fanse cos Premios Lois Peña Novo". Diario de Pontevedra. Consultado o 2023-05-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Felipe Senén López |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Felipesenen.gal páxina persoal de Felipe Senén.