Saltar ao contido

Feliciano Barrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Feliciano Barrera Fernández»)
Modelo:BiografíaFeliciano Barrera
Biografía
Nacemento1918 Editar o valor en Wikidata
Guláns, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de febreiro de 2012 Editar o valor en Wikidata (93/94 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata
Participou en
9 de abril de 2003Democracia sen rabia Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1183642 BUSC: barrera-fernandez-feliciano

Feliciano Barrera Fernández, nado en Guláns (Ponteareas) en 1918 e finado en Madrid o 9 de febreiro de 2012,[1] foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutor en Económicas pola Universidade Complutense de Madrid, foi fundador de empresas como o Hotel Mindanao e o Banco Industrial do Tajo. Destacou como editor do grupo de comunicación El Correo Gallego, do cal se fixo cargo ao obter a maioría accionarial de Editorial Compostela en 1965. Dende aquel traballou no mundo empresarial ligado ao xornalismo. Segundo unha enquisa de El Mundo, atopábase entre as 25 persoas de maior influencia de Galicia.[2] Presentouse como candidato a procurador en Cortes en representación do terzo familiar pola provincia de Pontevedra en 1971,[3] pero non foi elixido.[4]

CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera.

Nos últimos anos da súa vida residiu en Madrid.

Distincións e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Foi designado Fillo Predilecto de Ponteareas, onde ten dedicada unha rúa, conta coa Medalla Afonso X o Sabio, Medalla da Orde de Cisneros, Medalla da Orde de Santo Hermenexildo, Medalla de Galicia, Medalla Castelao, Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela, Medalla de Ouro ao Mérito Empresarial, outorgada polo concello de Santiago de Compostela de onde é fillo adoptivo e onde tamén ten dedicada unha rúa.[5]

  1. "Falece Feliciano Barrera" 9/2/2012. Consello da Cultura Galega.
  2. Morre o editor de El Correo Gallego, 9/2/2012, Galicia Confidencial.
  3. El Pueblo Gallego, 19-9-1971, p. 17.
  4. El Pueblo Gallego, 5-10-1971, p. 18.
  5. Maximino Fernández Sendín, 3/3/2011, "Feliciano Barrera , ejemplo de tesón y generosidad a imitar" (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]