Saltar ao contido

Fedora (GNU/Linux)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fedora
Fedora logo
Fedora 25 con GNOME 3.22.2
DesenvolvedorProxecto Fedora
Familia de S.O.Linux
Lanzamento6 de novembro de 2003
En galegoSi
Espazo de usuarioGNOME(predefinida)
Modelo de desenvolvementoSoftware libre
NúcleoLinux
Tipo de núcleoMonolítico
LicenzaMúltiples licenzas libres (GPLv2, GPLv3, LGPLv2, LGPLv3, BSD) e algúns engadidos privativos.[1]
Última versión estable29[2] outubro de 2018
Estado actualEn desenvolvemento
Sitio webfedoraproject.org

Fedora (previamente Fedora Core) é unha distribución GNU/Linux desenvolvida pola comunidade do proxecto Fedora[3][4] e promovida pola compañía estadounidense Red Hat[5]. O desenvolvemento de Fedora e as aplicacións que distribúe aséntanse nas licenzas libres. Pretende ser unha distribución á vangarda na introdución de novas versións e aplicacións e na innovación.[6][7]

Estímase que no 2016 Fedora tiña 1.2 millóns de usuarios,[8] entre os cales se atopa o creador do núcleo de Linux Linus Torvalds.[9][10]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Orixinalmente, Red Hat Linux foi desenvolto exclusivamente dentro de Red Hat, coa súa realimentación de informes de usuarios que recuperaban erros e contribucións aos paquetes de software incluídos e non contribucións á distribución como tal. Isto cambiou o 22 de setembro de 2003, cando Red Hat Linux derivouse dando orixe ao Proxecto Fedora, que está orientado á comunidade de usuarios e así mesmo, serve de base para que Red Hat Enterprise Linux se desenvolva con máis efectividade e adopte as novas características que se engaden no Proxecto Fedora. Os enxeñeiros de Red Hat continúan participando na construción e desenvolvemento de Fedora.[4][5]

Edicións e versións

[editar | editar a fonte]

Rawhide e Branched: a versión continua e as estables

[editar | editar a fonte]

No desenvolvemento de Fedora hai dúas fases de lanzamentos: Rawhide e Branched.[11] A primeira é unha unha versión de actualización continuas e a segunda son lanzamentos periódicos de Fedora.

Rawhide[12] é a póla de desenvolvemento de Fedora. Libérase como unha copia completa da distribución. Nela engádense e próbanse os novos cambios e engadidos antes de que sexan enviados ás versións estables. Rawhide adoita ter máis cambios, ou funcionalidades novas, que a versión estable da distribución. Pódese empregar como sistema operativo principal do día a día, mais esta versión continua está dirixida aos usuarios avanzados, ás probas ou a aqueles que manteñen paquetes de software. Rawhide adóitase actualizar día a día e a ser usada para resolver incidencias.[13] Ao ser unha versión con actualización continuas, ou "rolling release", non se precisa anovar a distribución senón ir actualizándoa continuamente.[14][15]

A fase de desenvolvemento Branched é unha fase previa ao lanzamento dunha nova versión. Unha copia de rawhide sepárase do desenvolvemento e comézase, chámaselle lanzamento e compróbase a súa estabilidade. Na fase de probas as versións de branches vanse denominando "alpha", "beta" a "GA (Final). Cando se corrixen os erros dese póla de branched, publícase como unha nova versión de Fedora. Así, a última versión, que saíu en xuño de 2017 despois de comprobar e estabilizar branched, é Fedora 26.

O soporte destas versións é curto. O ciclo de lanzamento de versións está en 6 meses e o soporte das versión de Fedora son de arredor de 13 meses, que son só unha versión entre as dúas.[16] Porén, é posible anovar Fedora á seguinte versión sen precisar dunha reinstalación.

Versión (Nóme de desenvolvemento)[17] Lanzamento[17] Fin do soporte[18] Núcleo [19][20] GNOME[19]
1 (Yarrow) 05/11/2003 20/09/2004 2.4.22 2.4
2 (Tettnang) 18/05/2004 11/04/2005 2.6.5 2.6
3 (Heidelberg) 08/11/2004 16/01/2006 2.6.9 2.8
4 (Stentz) 13/06/2005 07/08/2006 2.6.11 2.10
5 (Bordeaux) 20/03/2006 02/07/2007 2.6.15 2.14
6 (Zod) 24/10/2006 07/12/2007 2.6.18 2.16
7 (Moonshine) 31/05/2007 13/06/2008 2.6.21 2.18
8 (Werewolf) 08/11/2007 07/01/2009 2.6.23 2.20
9 (Sulphur) 13/05/2008 10/07/2009 2.6.25 2.22
10 (Cambridge) 25/11/2008 18/12/2009 2.6.27 2.24
11 (Leonidas) 09/06/2009 25/06/2010 2.6.29 2.26
12 (Constantine) 17/11/2009 02/11/2010 2.6.31 2.28
13 (Goddard) 25/05/2010 24/06/2011 2.6.33 2.30
14 (Laughlin) 02/11/2010 08/12/2011 2.6.35 2.32
15 (Lovelock) 24/05/2011 26/06/2012 2.6.38 3.0
16 (Verne) 08/11/2011 12/02/2013 3.1 3.2
17 (Beefy Miracle) 29/05/2012 30/07/2013 3.3 3.4
18 (Spherical Cow) 15/01/2013 14/01/2014 3.6 3.6
19 (Schrödinger's Cat) 02/07/2013 06/01/2015 3.9 3.8
20 (Heisenbug) 17/12/2013 23/06/2015 3.11 3.10
21 09/12/2014[21] 01/12/2015 3.17 3.14
22 26/05/2015 19/07/2016 4.0 3.16
23 03/11/2015 20/12/2016 4.2 3.18
24 21/06/2016 08/07/2017 4.5 3.20
25 22/11/2016 4.8 3.22
26 27/06/2017[22] 4.11 3.24
27 24/10/2017[23]
Cor Lenda
Vermello Versión antiga xa sen soporte técnico
Amarelo Versión antiga aínda con soporte técnico
Verde Versión actual
Azul Próxima versión

Edicións

[editar | editar a fonte]

As principais edicións de cada versión de Fedora son:

  • Fedora Workstation: é a edición máis editara para ser estable e amigable ao uso en portátiles e computadores de sobremesa. Conta con GNOME como o escritorio predefinido.[24]
  • Fedora Server: é o servidor de ciclo de uso curto mantido pola comunidade e cos últimos recursos liberados para a administración de servidores.[25]
  • Fedora Atomic: é a edición con reducido consumo de recursos do sistema e pensada para o uso de aplicacións "contedores", ou plataformas de virtualización (como Kubernetes, clusters Origin ou Docker)

Ademais conta con outras edicións máis específicas: Fedora Spins, Labs e ARM.

  • Fedora Spins[26]: xa que GNOME é o escritorio predefinido de Fedora, libéranse as seguintes edicións dos demais escritorios alternativas xa configurados:
    • KDE Plasma Desktop
    • XFCE Desktop
    • LXDE Desktop
    • MATE-Compiz Dektop
    • Cinnamon Desktop
    • Sugar on a Stick (SOAS) Desktop
  • Fedora Labs[27]: son as edicións para un uso específico, en edición completa de distribución ou como engadidos a unha instalación previa, en múltiples campos:
    • Astronomy, para a astronomía
    • Design Suite, para o deseño gráfico e multimedia
    • Games, para xogos e lecer
    • Jam, para a produción e reprodución musical
    • Robotics Suite, para a aplicación en robótica
    • Scientific, para o uso en investigación científica
    • Security Lab, para a análise e corrección de erros en sistemas operativos
  • Fedora ARM[28]: son versións pensadas nos microprocesadores de ARM:
    • Servidores ARM de Fedora:
      • Fedora Servers
      • Fedora Minimal
    • Fedora para escritorio: imaxes para centros multimedia ARM, quioscos, portátiles ou outros dispositivos nos que se precise unha interface gráfica.
      • Fedora Workstation
      • KDE Plasma, XFCE, LXDE, MATE-Compiz, Cinnamon, Sugar on a Stick
  1. "Frequently Asked Questions about Fedora Licensing". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  2. "Making Fedora 30". Fedora Magazine (en inglés). 21 de xuño de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2019. 
  3. "fedoraproject.org". Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  4. 4,0 4,1 "History of Red Hat Linux. Fedora Project.". Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  5. 5,0 5,1 "Linux Platform. What is the relationship between Fedora and Red Hat Enterprise Linux?". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2017. Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  6. Spevack, Max (18 de agosto de 2006). "Fedora Project Leader Max Spevack Responds". Slashdot. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  7. "Objectives". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  8. Hoffman, Chris (26 de febreiro de 2016). "Fedora project leader Matthew Miller reveals what's in store for Fedora in 2016". PC World. International Data Group. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  9. "Interview with Linus Torvalds from Linux Format 163". TuxRadar. Linux Format. 29 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2014. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  10. Torvalds, Linus (30 de decembro de 2014). "The merge window being over, and things being calm made me think I should try upgrading to F21". Google . Consultado o 25 de abril de 2017. 
  11. Fedora Releases
  12. "Releases/Rawhide". Fedora Project.
  13. "Releases/Rawhide". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2016. 
  14. "FedUp". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2016. 
  15. "Fedora 23 Release Notes: 3.2.4. System Upgrades with DNF". Fedora Project. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2015. Consultado o 25 de abril de 2016. 
  16. "Fedora Release Life Cycle". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2016. 
  17. 17,0 17,1 "Releases/HistoricalSchedules". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  18. "End of life". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  19. 19,0 19,1 "Fedora". DistroWatch. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  20. "KernelRebases". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  21. Boyer, Josh (2 October 2013). "Release Name process ended". Fedora community advisory board mailing list. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  22. "Releases/26/Schedule". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  23. "Releases/27/Schedule". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  24. "Fedora Workstation". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2017. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  25. "Fedora Server". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2017. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  26. Fedora Spins
  27. Fedora Labs
  28. ARM Fedora