Federico Zuccaro
Nome orixinal | (it) Federico Zuccari (it) Federico Zuccaro |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1539 (Gregoriano) Sant'Angelo in Vado, Italia (pt) |
Morte | 20 de xullo de 1609 (69/70 anos) Ancona, Italia |
Residencia | Palazzetto Zuccari (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura, arquitectura e arte |
Lugar de traballo | Londres (1574–1580) Florencia (1561–1565) Roma |
Ocupación | pintor, deseñador, artista visual, teórico da arte, arquitecto, debuxante, artista |
Membro de | |
Xénero artístico | Retrato |
Movemento | Renacemento e Manierismo |
Profesores | Taddeo Zuccari e Giorgio Vasari |
Familia | |
Pai | Ottaviano Zuccari |
Irmáns | Taddeo Zuccari |
Descrito pola fonte | The Great Theatre of Dutch Painters (en) , (sec:Federico Zuccari) Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) , (sec:Zucchero, zween Brüdere/ Mahlere von S. Agnolo in Vado. 143/ 181, 181) Schilderboeck (pt) , (sec:T'leven van Frederijck Zucchero, Schilder van S. Agnolo in Vado., M173) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Federico Zuccaro, chamado tamén Federico Zuccari ou Federigo o Zuccaro, nado en Sant'Angelo in Vado, preto de Urbino, no 1539 e finado en Ancona o 20 de xullo de 1609, foi un importante pintor do período maneirista italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa carreira como pintor está documentada desde 1550, cando se traslada a Roma ao taller do seu irmán máis vello, Taddeo Zuccari. Nos seus primeiros traballos participou no acabamento da decoración do pavillón do papa Pío IV e da Vila Farnese de Caprarola. Outras obras súas foron:
- Capela Grimani, igrexa de San Francesco della Vigna, Venecia
- Capela Pucci, igrexa da Trinità dei Monti, Roma
- San Marcello al Corso, Roma
- Duomo de Orvieto (1570)
- Oratorio de Gonfalone (1573)
- Cúpula interna de Santa Maria del Fiore, Florencia (iniciada por Giorgio Vasari)
Zuccaro foi reclamado aínda en Roma polo papa Gregorio XIII para continuar a decoración da Cappella Paolina no Vaticano, iniciada por Michelangelo. Visitou Bruxelas, onde realizou unha serie de cartóns para tapices. No 1574 estaba en Inglaterra, onde se lle encargaron algúns importantes retratos, como os da raíña Isabel I, María Estuardo, Sir Nicholas Bacon, Sir Francis Walsingham e outros. Outro cadro do mesmo período debeu ser a realización dunha Alegoria da Calumnia, inspirada na descrición feita por Luciano de Samosata dunha obra de Apeles.
Pintou o retrato de Home con dous cans, hoxe no Palazzo Pitti, e o Cristo morto e anxos na Galleria Borghese de Roma. En 1585 aceptou a oferta de Filipe II, rei de España, para decorar o novo mosteiro de El Escorial, cun salario anual de 2.000 coroas. Os traballos aí estendéronse entre xaneiro de 1586 ata fins do 1588, data na que retorna a Roma, deixando o encargo a Pellegrino Tibaldi. No 1595 fundou, con aprobación do papa Sisto V, a Academia di San Luca, da cal foi o primeiro presidente. Entre os seus primeiros estudantes estivo Bartolomeo Carducci.
Como o seu contemporáneo Giorgio Vasari, tamén Zuccaro se dedicou a crítica artística e á historiografía. O seu libro máis importante foi L'idea de' Pittori, Scultori, ed Architetti (1607).
Pouco antes da morte obtivo o título de cabaleiro.