Saltar ao contido

Federación Mundial de Curling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Federación Mundial de Curling (en inglés World Curling Federation, WCF) é o organismo internacional dedicado a regular as regras do curling a nivel competitivo e regularmente realizar competicións e outros eventos.

A FMC foi fundada o día 1 de abril de 1966 en Perth (Escocia) por 7 países (Escocia, Canadá, os Estados Unidos, Suecia, Noruega, Suíza e Francia) co nome de International Curling Federation. En 1991 o nome foi cambiado ao actual.

En 1968 foi celebrado o primeiro Campionato Mundial de Curling, limitado á participación masculina (o primeiro Campionato Mundial de Mulleres realizouse en 1979).

En 1992 o Comité Olímpico Internacional decidiu aceptar o curling como parte da programación oficial dos Xogos Olímpicos de Inverno, facendo este deporte a súa aparición oficial nos xogos de 1998. Antigamente tiña figurado dúas veces como deporte demostración, nos xogos de 1988 e de 1992.

Organización

[editar | editar a fonte]

A estrutura xerárquica da federación está conformada polo Presidente e os Vicepresidentes, o Director Xeral, o Congreso (efectuado cada dous anos), o Comité Executivo, o Consello e oito Comités Técnicos - un para cada disciplina.

Presidentes

[editar | editar a fonte]
Kate Caithness, 2020
Núm. Período Nome País
1 19661969 Allan Cameron Escocia Escocia
2 19691979 Colin A. Campbell Canadá
3 19791982 Sven A. Eklund Suecia Suecia
4 19821985 Clifton Thompson Canadá
5 19851988 Philip Dawson Escocia Escocia
6 19881990 Donald F. Barcome Estados Unidos de América Estados Unidos
7 19902000 Günther Hummelt Austria Austria
8 20002006 Roy Sinclair Escocia Escocia
9 20062010 Lester Harrison Canadá
10 2010 Kate Caithness Escocia Escocia

Federacións nacionais

[editar | editar a fonte]
Membros da FMC e as súas divisións rexionais (América, Europa e Pacífico).

Deseguido amósase unha lista das asociacións membros da FMC:[1]

Ano Nome País Presidente Zona
1991 Asociación de Curling de Andorra Andorra Andorra Josep Duró Europa
2010 Federación de Curling de Armenia* Armenia Hayk Jaghatspanyan Europa
1986 Federation Australiana de Curling Australia Australia Hugh Millikin Pacífico
1982 Asociación Austríaca de Curling Austria Austria Marcus Schmitt Europa
1997 Asociación Bielorrusa de Curling Belarús Belarús Dmitry Kirillov Europa
2005 Asociación Belga de Curling Bélxica Bélxica Peter Suter Europa
1998 Confederación Brasileira de Deportes sobre Xeo Brasil Emilia de Souza Strapasson América
1990 Asociación Búlgara de Curling Bulgaria Bulgaria Nikolay Runtov Europa
1966 Asociación Canadense de Curling Canadá Hugh Avery América
2002 Asociación Chinesa de Curling China Ni Huizhong Pacífico
2004 Asociación Croata de Curling Croacia Croacia Alberto Skendrović Europa
1990 Asociación Checa de Curling República Checa República Checa David Šik Europa
1971 Asociación Danesa de Curling Dinamarca Dinamarca Susanne Slotsager Europa
1971 Asociación Inglesa de Curling Inglaterra Inglaterra Tommy Campbell Europa
2003 Asociación Estoniana de Curling Estonia Estonia Fred Randver Europa
1979 Asociación Finlandesa de Curling Finlandia Finlandia Olli Rissanen Europa
1966 Asociación Francesa de Curling Francia Didier Gailhauget Europa
2013 Federación Xeorxiana de Curling Xeorxia Xeorxia Nugzar Paikidze Europa
1967 Asociación Alemá de Curling Alemaña Alemaña Dieter Kolb Europa
2003 Asociación Helénica de Curling Grecia Grecia Andreas Papadimitrou Europa
1989 Federación Húngara de Curling Hungría Hungría András Rókusfalvy Europa
1991 Federación Deportiva Islandesa Islandia Islandia Líney Rut Halldórsdóttir Europa
2003 Asociación Irlandesa de Curling Irlanda (Sur e Norte) Peter J. D. Wilson Europa
2013 Asociación Israelí de Curling Israel Alex Tripolski Europa
1972 Asociación Italiana de Curling Italia Italia Giancarlo Bolognini Europa
1985 Asociación de Curling do Xapón Xapón Toyokazu Ogawa Pacífico
2003 Asociación de Curling de Casaquistán Casaquistán Viktor G. Kim Pacífico
2012 Federación de Curling de Kosovo Kosovo Kosovo Besim Hasani Europa
2001 Asociación Letoa de Curling Letonia Letonia Uldis Mucinieks Europa
1991 Asociación de Curling de Liechtenstein Liechtenstein Liechtenstein Heinz Hasler Europa
2003 Asociación Lituana de Curling Lituania Lituania Vytautas Vidmantas Zimnickas Europa
1976 Federación de Curling de Luxemburgo Luxemburgo Luxemburgo Alex Benoy Europa
2012 Federación Mongol de Curling Mongolia Natsagdorj Nergui Pacífico
1975 Asociación de Curling dos Países Baixos Países Baixos Países Baixos Maurits van der Sluis Europa
1991 Asociación de Curling de Nova Zelandia Nova Zelandia Nova Zelandia Bruce Kissel Pacífico
1966 Asociación Noreguesa de Curling Noruega Noruega Morten Søgård Europa
2003 Asociación Polaca de Curling Polonia Polonia Marek Jóźwik Europa
2010 Federación Romanesa de Curling Romanía Romanía Allen Coliban Europa
1992 Federación Rusa de Curling Rusia Rusia Dimitry Svischev Europa
1966 Real Club de Curling de Caledonia Escocia Escocia Alan Durno Europa
2005 Asociación Nacional de Curling de Serbia Serbia Serbia Marko Stojanović Europa
2003 Asociación Eslovaca de Curling Eslovaquia Eslovaquia Juraj Kapolka Europa
2010 Asociación Eslovena de Curling Eslovenia Eslovenia David Stonič Europa
1999 Federación Española de Deportes sobre Xeo España España Maria Teresa Samaranch Europa
1994 Asociación Coreana de Curling Corea do Sur Kim Jae-won Pacífico
1966 Asociación Sueca de Curling Suecia Suecia Björn Rudström Europa
1966 Asociación Suíza de Curling Suíza Suíza Louis Moser Europa
2009 Asociación Turca de Curling Turquía Turquía Fahrettin Kandemir Europa
1998 Federación de Curling da China Taipei China Taipei Rich K. H. Lee Pacífico
2013 Federación Ucraína de Curling Ucraína Ucraína Dmitry Rotar Europa
1966 Asociación de Curling dos Estados Unidos Estados Unidos de América Estados Unidos James Pleasants América
1991 Asociación de Curling das Illas Virxes Americanas Illas Virxes Estadounidenses John Foster América
1982 Asociación Galesa de Curling Gales Gales Adrian Meikle Europa

*A Federación de Curling de Armenia foi suspendida por non pagar a cotas pertinentes.

  1. "World Curling Federation Members". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2019. Consultado o 12 de maio de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]