Federación Galega de Automobilismo
Federación Galega de Automobilismo | |
---|---|
Tipo | federación deportiva galega |
Deporte | automobilismo |
Área de operación | Galicia |
Sede | Ourense |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.fga.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Federación Galega de Automobilismo (FGA) é o organismo reitor do automobilismo en Galicia. Forma parte da Real Federación Española de Automobilismo.
Organiza distintas competicións de motor en Galicia, destacando o Campionato de Galicia de Rally e o Campionato de Galicia de Montaña.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundouse como Federación Noroeste de Automobilismo, pasando a chamarse en 1981 Federación Territorial Noroeste de Automobilismo e adoptando máis tarde o nome actual.[1] En 1961 Pedro López Sors foi elixido presidente,[2] e entre 1977 e 1981 o cargo foi ocupado por Estanislao Reverter, sendo substituído por José Luis Arias Gayoso, que foi presidente ata a súa dimisión en 1984, momento no que comezou a presidir a Federación Iván Corral.[3]
En 1975 a Federación deu o seu visto e prace á idea dun Campionato Galego de Automobilismo, proposta e deseñada por Estanislao Reverter, Javier García Sánchez e Gonzalo Belay.[4] O campionato combinaba rallys con subidas de montaña e disputábase de xeito paralelo ao Campionato de Galicia de Montaña.[5] Posteriormente creouse o Campionato de Galicia de Rally e pouco despois o campionato combinado desapareceu.
A finais de 2020, Gloria de Burgos Pousa converteuse na nova presidenta da Federación, debido á inhabilitación de Iván Corral, que levaba máis de 35 anos no cargo.[6] En xaneiro de 2023 Antonio Rodríguez Troitiño foi elixido novo presidente.[7]
Competicións
[editar | editar a fonte]A Federación Galega de Automobilismo organiza e regula os seguintes campionatos:
- Campionato de Galicia de Rally
- Campionato de Galicia de Montaña
- Campionato de Galicia de Rallymix
- Campionato de Galicia de Autocross
- Campionato de Galicia de Karting
- Campionato de Galicia de Slálom
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Elecciones en la Federación Noroeste". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de outubro de 1981. p. 54.
- ↑ "Los señores López Sors y Sáez Chas, presidente y vicepresidente de la Federación Noroeste de automovilismo". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de marzo de 1961. p. 5.
- ↑ "Eugenio Eiranova: «Rebajamos en medio millón la deuda con la Española»". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de marzo de 1984. p. 46.
- ↑ "Primer campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xaneiro de 1975. p. 41.
- ↑ Martínez Moratinos, M. (4 de febreiro de 1975). "En marcha el Campeonato Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). p. 23.
- ↑ "La FGA cobrará por la inhabilitación de Iván Corral". La Región (en castelán). 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 17 de abril de 2021.
- ↑ "Antonio Rodríguez Troitiño, novo presidente da Federación Galega de Automobilismo". 25 de xaneiro de 2023. Consultado o 1 de abril de 2023.