Fasciíte
Aparencia
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Fasciíte | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Músculos da planta do pé. Primeiro plano (fascia plantar visíbel no alto). | |
MedlinePlus | fascitis |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
fasciíte ou fascite[1] refírese en medicina á inflamación dunha fascia ou aponeurose, o tecido fibroso que recobre os músculos e ósos[2].
Etioloxía
[editar | editar a fonte]Pode ser causada por traumatismos únicos ou de repetición, por unha infección, ou durante unha inflamación autoinmunitaria xeneralizada do tecido conxuntivo.[3]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Hai diversas formas de presentación:
Tratamento
[editar | editar a fonte]Ao igual que as inflamacións doutros tecidos moles, a fasciíte tende a desaparecer por si soa ás veces si ás veces non. A melloría acelera con menciñas para a dor, en contra da inflamación, a aplicación de frío nas primeiras 48 horas do incidente e calor nas subseguintes 48 horas e terapia física ou terapia ocupacional.[4] Se non haber melloría considerarase a infiltración con corticoides de depósito.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome da doenza en galego en Vocabulario de medicina, Universidade de Santiago de Compostela / Consellería de Sanidade, 2008; e Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
- ↑ Definición en Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
- ↑ Real Academia Nacional de Medicina. Diccionario de términos médicos. Madrid: Ed Panamericana; 2012.
- ↑ "Arthritis Foundation.". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2008. Consultado o 25 de abril de 2017.