Fantastic Four
Fantastic Four (Os Catro Fantásticos) son un grupo de superheroes que obteñen os seus poderes ó sufrir un baño de raios cósmicos nun viaxe a Marte. Pertencen ó Universo Marvel de Marvel Comics, e a súa aparición significa o relanzamento do mundo dos cómics de superheroes que tivera o seu precedente nos anos trinta.
Composición
[editar | editar a fonte]- Reed Richards, científico, converteuse en Míster Fantástico. É un dos homes máis intelixentes do mundo, o seu antagonista e antigo compañeiro da universidade é Víctor Von Morte (ou Doutor Morte). A parte da súa intelixencia, ten o poder de cambia-la forma do seu corpo, estirándose ou recolléndose como pelota de goma.
- Ben Grimm, astronauta e piloto, converteuse en A Cousa. É o maior do grupo, ten unha personalidade violenta e iracunda. O seu corpo de pedra é indestructible, ten unha forza sobrehumana.
- Sue Storm, científica, noiva de Reed, é a Chica Invisible. A cotía é secuestrada polos malvados. deseñou os traxes do grupo.
- Johnny Storm, irmán de Sue, é A Tea Humana. fanático dos coches, ten vida social máis aló do grupo, acostuma saír cos seus amigos.
Todos eles son celebridades e doadamente recoñecidos polos cidadáns de Nova York. Utilizan diversos vehículos deseñados polo doutor Reeds, o máis famoso é o Fantasticar, que se pode dividir en seccións individuais para cada membro do grupo.
Historia
[editar | editar a fonte]Creados en 1961 por Stan Lee e Jack Kirby, ó tempo que Spiderman. Afastándose da concepción tradicional dos superheroes clásicos (tipo Flash Gordon ou Buck Rogers), estes novos superheroes tiñan relacións de parentesco e mesmo amorosas entre eles, o que fixo fidelizar ó público ás súas historias.
Os 4 fantásticos (Fantastic Four, no orixinal), vivían as súas aventuras no espazo exterior, tomando contacto con razas alieníxenas e enfrontándose a malvados míticos como o Doutor Morte ou Galactus. De cando en vez, outros superheroes os axudaban nas súas misións, tal é o caso de Pantera Negra, Estela Prateada ou Alicia Masters. A aparición de moitos secundarios, a incorporación doutras personaxes nas coleccións, enriqueceron o que remataría por chamarse Universo Marvel.